Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2018 Páx. 25829

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (PO 594/2015).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número PO 594/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Benedicto Rejes Díaz contra Eloy Vázquez Vázquez e outros, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Estimo parcialmente a demanda presentada por Benedicto Rejes Díaz, representado polo graduado social Sr. Piñón Calvo, contra Construcciones y Alquileres de Maquinaria San Cosme, S.L., representada polo Sr. Vázquez Cuba e asistida polo letrado Sr. Awad Mohamed; José Vázquez Cuba, asistido polo letrado Sr. Awad Mohamed; Construcciones y Canalizaciones Costa Lucense, S.L., representada polo seu administrador concursal José Antonio Saavedra Vázquez, que foi asistida polo letrado Sr. Casas San José; Alquiouro, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma e a do seu administrador concursal Francisco Javier Varela Fernández, que tampouco compareceu; Construcciones Valadouro, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e Eloy Vázquez Vázquez, que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, condeno as empresas demandadas Construcciones y Alquileres de Maquinaria San Cosme, S.L., Alquiouro, S.L., Eloy Vázquez Vázquez, Construcciones Valadouro, S.L., Construcciones y Canalizaciones Costa Lucense, S.L. e José Vázquez Cuba a aboarlle solidariamente ao demandante a cantidade de 2.086,95 euros, que devindicará xuro moratorio do 10 %.

As cantidades a cuxo pagamento foron condenadas as empresas demandadas serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que, de ser o caso, lle afecten.

Non procede decretar que a parte demandada litigou con temeridade ou mala fe nin impoñerlle por iso sanción pecuniaria nin as custas do proceso.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é susceptible de recurso de suplicación, ao non exceder os 3.000 euros a contía litixiosa calculada conforme o disposto no artigo 192 da Lei reguladora da xurisdición social (artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social).

Expídase testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no Libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgado na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en forma a Eloy Vázquez Vázquez, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 3 de maio de 2018

O letrado da Administración de xustiza