Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2018 Páx. 25917

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 27 de abril de 2018 pola que se publican as bases e se anuncia a convocatoria pública de dúas prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (procedemento ED110B).

BDNS (Identif.): 399960.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois/españolas ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa Filoloxía Galega ou coa Tradución e Interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de Galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de Inglés.

Segundo. Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, dúas bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en distintas universidades españolas e estranxeiras.

Terceiro. Base reguladora

Orde do 13 de abril de 2018 pola que se publican as bases e se anuncia a convocatoria pública de dúas prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (procedemento ED110B).

Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria