Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2018 Páx. 25946

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2018 pola que se conceden as axudas para o fortalecemento dos centros de xeración do coñecemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na Estratexia RIS3 de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convocadas pola Resolución do 31 de decembro de 2017 (código de procedemento IN607E).

missing image file

A Resolución do 31 de decembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 24, do 2 de febreiro de 2018) estableceu as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fortalecemento dos centros de xeración do coñecemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na Estratexia RIS3 de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e procedeu á súa convocatoria para o ano 2018.

Os artigos 2, 3 e 4 desta resolución de convocatoria establecen, respectivamente, os requisitos que deben cumprir as entidades beneficiarias, cales son as actividades subvencionables e os requisitos das infraestruturas apoiadas para poder optar as axudas.

Unha vez revisada a documentación inicial dos expedientes xunto coa documentación presentada tras os requirimentos oportunos, o órgano instrutor remitiu as solicitudes ao Servizo de Xestión da Innovación para a súa avaliación segundo os criterios de valoración establecidos no artigo 18 das bases reguladoras.

A comisión de selección prevista no artigo 17 das bases reguladoras, reuniuse o 27 de abril de 2018 e elaborou unha relación de proxectos por orde decrecente de puntuación, e unha proposta de concesión de axudas aos proxectos.

O crédito dispoñible alcanza para financiar todos os proxectos que acadaron a puntuación mínima de 60 puntos, que exixe o artigo 18 das bases reguladoras.

Unha vez realizada a instrución do procedemento e á vista da proposta de resolución e o informe emitido pola comisión de selección, a directora da Axencia Galega de Innovación, como órgano competente segundo o disposto no artigo 16 das bases reguladoras.

De acordo con isto,

RESOLVO:

Conceder as axudas, respectando a intensidade máxima prevista no artigo 8 das bases reguladoras, a todas as entidades seleccionadas que figuran no anexo I desta resolución, por orde decrecente de puntuación.

Todas as axudas concedidas imputaranse á partida orzamentaria 09.A3.561A.781.0, na cal existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

Estas axudas están cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 dentro dos seguintes parámetros: eixe 1 Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación; prioridade de investimento 1.1 A mellora das infraestruturas de investigación e innovación (I+i) e das capacidades para desenvolver a excelencia en materia de I+i, e o fomento dos centros de competencias, en especial os de interese europeo; obxectivo específico 1.1.2. Fortalecemento das institucións de I+D e creación, consolidación e mellora das infraestruturas científicas e tecnolóxicas, e actuación 1.1.2.1. Fortalecemento de centros de xeración de coñecemento.

O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 26 da resolución de convocatoria.

Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 25 da convocatoria nos prazos establecidos no punto 2 do citado artigo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o presidente da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Solicitudes concedidas

Nº de expediente

Entidade beneficiaria

NIF

Denominación do proxecto
de infraestrutura

Nota de valoración

% axuda

Feder

Orzamento subvencionable

Subvención

IN607E 2018/05

Asoc. Nacional Fabricantes Conservas Pescados e Mariscos (Centro Tecnolóxico Anfaco)

G36625309

Infraestrutura de investigación avanzada para o desenvolvemento biotecnolóxico dos sistemas acuícolas

73

50 %

Si

741.818,86

370.909,43

IN607E 2018/09

Asoc. Investigación Metalúrxica do Noroeste (Centro Tecnolóxico AIMEN)

G36606291

Liña de fabricación de composites e estruturas multimaterial

72

50 %

Si

886.875,83

443.437,92

IN607E 2018/03

Asoc. Investigación Metalúrxica do Noroeste (Centro Tecnolóxico AIMEN)

G36606291

Proxecto de fortalecemento do laboratorio de ensaios de materiaais avanzados

71

50 %

Si

709.054,15

354.527,08

IN607E 2018/10

Fundación para a Promoción da Inn.,Inv. e Des. Tec. na Industria da Automoción de Galicia (Centro Tecnolóxico CTAG)

G36871424

Novos retos de protección de ocupantes en choque frontal THOR 50M

69

50 %

Si

1.194.974,30

597.487,15

IN607E 2018/07

Fundación para a Promoción da Inn.,Inv. e Des. Tec. na Industria da Automoción de Galicia (Centro Tecnolóxico CTAG)

G36871424

Infraestrutura para investigación, desenvolvemento e validación de vehículos autónomos e conectados

68

50 %

Si

1.247.803,00

623.901,50

IN607E 2018/08

Fundación para a Promoción da Inn.,Inv. e Des. Tec. na Industria da Automoción de Galicia (Centro Tecnolóxico CTAG)

G36871424

Desenvolvemento de novas metodoloxías de ensaio avanzadas para a validación dos vehículos e os seus compoñentes

67

50 %

Si

1.820.645,00

910.322,50

IN607E 2018/06

Fundación para a Promoción da Inn.,Inv. e Des. Tec. na Industria da Automoción de Galicia (Centro Tecnolóxico CTAG)

G36871424

Laboratorio de procesos de fabricación avanzados-Industria 4.0

67

50 %

Si

591.560,87

295.780,44

IN607E 2018/02

Asoc. Investigación Metalúrxica do Noroeste (Centro Tecnolóxico AIMEN)

G36606291

Adquisición planta piloto de ensaios de corrosión

65

50 %

Si

207.723,51

103.861,76

IN607E 2018/11

Fundación Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (Centro Tecnolóxico CETIM)

G70302427

Proxecto de infraestrutura BIOequip2CETIM

65

50 %

Si

274.948,42

137.474,21

IN607E 2018/04

Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG)

G15305923

UAVLab: infraestrutura para a prestación de servizos tecnolóxicos avanzados no sector UAVs

65

50 %

Si

110.628,07

55.314,04

IN607E 2018/01

Asoc. Investigación Metalúrxica do Noroeste (Centro Tecnolóxico AIMEN)

G36606291

Láser de alta potencia

64

50 %

Si

296.783,00

148.391,50