Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2018 Páx. 25943

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2018 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no primeiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no primeiro cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2018

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no primeiro cuadrimestre do ano 2018

Convenio

Importe (€)

Data da sinatura

Convenio de adhesión entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello da Estrada para a programación no Teatro Principal (A Estrada), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no período do primeiro semestre 2018.

Sen achega económica

15.12.2017

Convenio de adhesión entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Betanzos para a programación na Aula Municipal de Cultura (Betanzos), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no período do primeiro semestre 2018.

Sen achega económica

15.12.2017

Convenio de adhesión entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Pontevedra para a programación no Pazo da Cultura e Teatro Principal (Pontevedra), dentro do circuíto Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) no período do primeiro semestre 2018.

Sen achega económica

15.12.2017

Convenio de adhesión entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Santiago de Compostela para a programación no Teatro Principal (Santiago de Compostela), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no período do primeiro semestre 2018.

Sen achega económica

15.12.2017

Convenio de adhesión entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Ourense para a programación no Auditorio Municipal-Pazo de Congresos (Ourense), dentro do circuíto Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no período do primeiro semestre 2018.

Sen achega económica

15.12.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación de actores e actrices de Galicia para a realización conxunta de actividades relacionadas coa XXII edición dos premios María Casares.

20.000

8.1.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación de Músicos ao Vivo para o desenvolvemento de accións realizadas coa quinta edición dos premios Martín Códax da Música.

16.000

8.1.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Academia Galega do Audiovisual para a realización conxunta de actividades relacionadas coa XVI edición dos premios do audiovisual galego Mestre Mateo.

50.000

8.1.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Federación de Cineclubs de Galicia para a colaboración na programación cinematográfica dos cineclubs galegos.

25.000

8.1.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Galega de Artes Escénicas (Escena Galega) para a realización conxunta de actividades de actividades de dinamización, promoción e formación no ámbito da actividade escénica profesional en 2018.

18.000

6.2.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e Les Entrepeneurs de l´Audiovisuel Européen para o desenvolvemento de accións formativas no ámbito do audiovisual, concretadas na celebración do terceiro taller do denominado EAVE Producers Workshop Programe na cidade de Santiago de Compostela.

81.600

18.2.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Cineclube Padre Feijoo para a colaboración na difusión de produción audiovisual na cidade de Ourense.

12.500

5.3.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) para a elaboración do Anuario do sector audiovisual galego 2017.

7.000

9.3.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Federación Galega de Bandas de Música para o desenvolvemento de actividades relacionadas co III Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia.

28.060

9.3.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Cineclube Lumiére Vigo para a colaboración na difusión de produción audiovisual na cidade de Vigo.

12.500

19.3.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación de Amigos de la Ópera de A Coruña para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa produción da ópera La Bohème de Giacomo Puccini.

135.000

9.4.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e Sweet Nocturna, S.L.N.E. para o desenvolvemento do ciclo de música Galicia Importa 2018.

24.200

10.4.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello do Grove para o desenvolvemento do programa de difusión cinematográfica Cinemas de Galicia.

3.000

16.4.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Cariño para o desenvolvemento do programa de difusión cinematográfica Cinemas de Galicia.

3.000

16.4.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Celanova para o desenvolvemento do programa de difusión cinematográfica Cinemas de Galicia.

3.000

16.4.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Bueu para o desenvolvemento do programa de difusión cinematográfica Cinemas de Galicia.

3.000

17.4.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Cangas para desenvolvemento do programa de difusión cinematográfica Cinemas de Galicia.

3.000

18.4.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Cedeira para o desenvolvemento do programa de difusión cinematográfica Cinemas de Galicia.

3.000

30.4.2018