Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2018 Páx. 25941

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 4 de maio de 2018 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de dúas bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (ED110A).

BDNS (Identif.): 399931.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois/españolas ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e a interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicitan ou, no canto deste, en materias de inglés.

Segundo. Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, dúas bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en distintas universidades estranxeiras.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 13 de abril de 2018 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de dúas bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (ED110A).

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 94.802,40 euros. Destinaranse 91.952,64 euros ao pagamento da bolsa dos lectores e 2.849,76 euros á liquidación da cota patronal á Seguridade Social.

O importe íntegro mensual das bolsas obxecto desta convocatoria é o seguinte:

1.277,12 euros, por tratarse de lectorados localizados en universidades estranxeiras.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria