Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2018 Páx. 26190

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2018, da Dirección Xeral da Función Publica, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatísticos.

Mediante a Resolución do 11 de decembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia nº 237, do 15 de decembro), a Dirección Xeral da Función Pública convocou un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatísticos.

Por Resolución da Dirección Xeral da Función Publica do 9 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galicia nº 72, do 13 de abril) fixéronse públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas ao concurso.

A base VIII da convocatoria, relativa á comisión de valoración, establece no seu punto quinto que «examinadas e resoltas pola comisión as reclamacións presentadas, elevarase proposta definitiva de resolución do concurso. A convocatoria resolverase por resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Función Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na cal figurarán os destinos adxudicados a cada un dos participantes».

A comisión de valoración na súa xuntanza do día 3 de maio de 2018 acordou, unha vez visto que non se presentaron reclamacións contra a valoración provisional de méritos, elevar á Dirección Xeral da Función Pública a proposta definitiva de resolución do concurso.

Polo exposto, esta dirección xeral, ao abeiro do disposto na Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública en materia de convocatoria e resolución de concursos de traslados (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 18 de xullo), modificada pola Orde da Consellería de Facenda do 26 de agosto de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 162, do 27 de agosto), e de conformidade co previsto na base VIII.5 da convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro. Facer públicas as adxudicacións de postos de traballo que se relacionan no anexo ás persoas que nel se especifican. Esta información atópase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe de <concurso de traslados>.

Segundo. De acordo co disposto na base IX da convocatoria de concurso de traslados os destinos adxudicados serán irrenunciables salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, casos en que poderán optar entre os postos adxudicados, estando obrigados a comunicar por escrito a opción seleccionada á Dirección Xeral da Función Pública no prazo dos tres días seguintes ao da resolución pola que se abren prazos posesorios.

Os traslados que se deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios polo que, en consecuencia, non xerarán dereito a indemnización.

Terceiro. En aplicación do establecido na base X da convocatoria do concurso de traslados, a toma de posesión en todos os postos adxudicados como consecuencia da realización do presente concurso efectuarase a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e iniciará o cómputo dos prazos posesorios establecidos no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 24 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Listaxe ordenada por número de posto

1º APELIDO

2º APELIDO

NOME

NIF

GRUPO

POSTO

CÓDIGO DO POSTO

DENOMINACIÓN

CONS.

CONCELLO

NIVEL

PUNTOS

CALVO

OCAMPO

MARÍA ESTHER

32667226G

A

9

FC.A01.00.002.15770.012

XEFATURA SECCIÓN DE CONTAS ECONÓMICAS II

FC

SANTIAGO DE COMPOSTELA

25

20.650

MOYANO

PÉREZ

SARA ISABEL

33319991Y

A

11

FC.A01.00.003.15770.021

XEFATURA SECCIÓN DE ESTATÍSTICAS DE EMPRESAS

FC

SANTIAGO DE COMPOSTELA

25

20.700

FERNÁNDEZ

GONZÁLEZ

LUCÍA

44489593A

B

12

FC.A01.00.002.15770.021

XEFATURA SECCIÓN DE ANÁLISE E ESTUDOS I

FC

SANTIAGO DE COMPOSTELA

25

13.900

VEIGUELA

FERNÁNDEZ

NOA

76580162Y

B

13

FC.A01.00.002.15770.031

XEFATURA SECCIÓN DE DIFUSIÓN E INFORMACIÓN I

FC

SANTIAGO DE COMPOSTELA

25

13.900