Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26403

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública (CM-03/2017 do 7 de novembro) para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de supervisor/a de unidade (Diálise-Nefroloxía).

Convocada pola Resolución CM-03/2017, do 7 de novembro (DOG núm. 231, do 5 de decembro), a provisión dun posto de supervisor/a de unidade (Diálise-Nefroloxía), polo sistema de concurso de méritos, esta xerencia, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; Decreto 193/2010, do 18 de novembro, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ferrol; Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ferrol e se delegan competencias nos seus órganos directivos, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a de unidade Diálise-Nefroloxía, realizada mediante a Resolución CM-03/2017, do 7 de novembro (DOG núm. 231, do 5 de decembro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo á presente resolución.

Terceiro. De conformidade coa base novena da convocatoria, o/a candidato/a nomeado/a será avaliado/a, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da supervisión, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 30 de abril de 2018

Ángel José Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

1. Posto de traballo: supervisor/a de unidade Diálise-Nefroloxía.

Nombre e apellidos: Mónica Cunha Mera.

DNI: *****527Y.