Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26405

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1185/2016).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 1185/2016 desta sección, seguido por instancia de Alejandro Costas Boullosa contra Jocacoba, S.L. e outros, sobre outros dereitos da Seguridade Social, pola Sala do Social do Tribunal Supremo se ditou resolución cuxa parte dispositiva di:

Parte dispositiva.

A sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo procurador Joaquín-Gabriel Santos Conde, en nome e representación de Catalana Occidente, S.A. de Seguros y Reaseguros, baixo a dirección letrada de María José Lago Lago, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 14 de outubro de 2016, no recurso de suplicación número 1185/2016, interposto por Alejandro Costas Boullosa, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 dos de Vigo do 8 de decembro de 2015, no procedemento n° 806/2013 seguido por instancia de Alejandro Costas Boullosa contra Reale Seguros Generales, S.A., Seguros Catalana Occidente, S.A. de Seguros y Reaseguros, Graniblok, S.A., Basilio Vives, S.A., Granirrosa, S.L., General España, S.A. de Seguros y Reaseguros, Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, MGS Seguros y Reaseguros, S.A., Aseguradores Agrupados, S.A., Basilio Vives Alija, Basilio Vives Falcó. Administración Concursal Jocacoba (Víctor Chinchilla Galindo) e Jocacoba, S.L., sobre reclamación de cantidade. Declárase a firmeza da sentenza impugnada, con imposición de custas á parte recorrente e perda do depósito constituído, dándose ás cantidades consignadas o destino legal. Contra este auto non cabe recurso ningún. Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de orixe con certificación desta resolución e comunicación.

Así acórdano, mándano e asínano os maxistrados indicados á marxe. Segue a sinatura e a publicación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Jocacoba, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza