Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26407

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Fonsagrada

EDICTO (PO 79/2017).

Ord. procedemento ordinario 79/2017

Procedimiento origen: sobre otras materias

Demandantes: Marta Robledo Mosteirín, Juan Manuel Fernández Robledo, Juan Pablo Fernández Robledo

Procurador: Diego Rúa Sobrino

Avogados: Bernardo Ignacio Mogilevich Groisman, Alejandro Darío Herchhoren Fernández

Demandada: María Antonia Robledo Fernández

Procurador: Diego Rúa Sobrino

Avogado: Bernardo Ignacio Mogtlevtch Groisman

Eu, Carmen Dosuna Nieto, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Fonsagrada, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario, seguido por instancia de Marta Robledo Mosteirín, Juan Manuel Fernández Robledo e Juan Pablo Fernández Robledo contra María Antonia Robledo Fernández, ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor Iiteral seguinte:

«Sentenza.

Xuíz: Eladio Prieto Bellas.

Lugar: A Fonsagrada.

Data: 5 de febreiro de 2018.

Demandantes: Juan Manuel Fernández Robledo, Juan Pablo Fernández Robledo e Marta Robledo Mosteirín, representados por Diego Rúa Sobrino e OIga Fernández Núñez e asistidos por Alejandro Darío Herchoren Fernández e Bernardo Ignacio Mogilevich Groisman.

Demandada: María Antonia Robledo Fernández.

Decido:

Estimo a demanda formulada por Juan Manuel Fernández Robledo, Juan Pablo Férnández Robledo e Marta Robledo Mosteirín.

Declaro procedente a división da comunidade e a consecuente extinción do condominio que teñen Marta Robledo Mosteirín, Juan Pablo Fernández Robledo, Juan Manuel Fernández Robledo e María Antonia Robledo Fernández (ou as dos seus habentes dereito) sobre o inmoble coñecido como Chousa, situado na rúa do Exército Español, s/n, da Fonsagrada, Lugo, de 6.824 metros cadrados, dos cales 6.232 metros cadrados están ao oeste da rúa que o divide en dúas partes, restando unha pequena franxa de 45 metros cadrados polo nacente e sendo ocupados pola rúa 547 metros cadrados, queda agora a súa superficie total en 6.277 metros cadrados e o soar ten unha parte en solo urbano consolidado e o resto en solo rústico non consolidado.

Declaro procedente, na falta de acordo entre os copropietarios, a venda do referido predio en poxa pública, con admisión de licitadores estraños e repartición do produto da venda entre os copropietarios, de acordo coa súa participación.

Condeno a María Antonia Robledo Fernández a aterse a estas declaracións.

Condeno a María Antonia Robledo Fernández ao pagamento das custas orixinadas no presente proceso.

Notífíqueselles ás partes.

Contra esta sentenza cabe recurso de apelación, que se interporá non prazo de vinte días, ante este xulgado, para a posterior resolución pola Audiencia Provincial de Lugo.

Así o pronuncia e firma S.S.».

Ao encontrarse a dita demandada, María Antonia Robledo Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

A Fonsagrada, 7 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza