Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26409

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 850/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 850/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Catrufo Eiris contra a empresa Socoga y Esperante S.L., con intervención procesual de Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza

Na Coruña, dous de maio de dous mil dezaoito

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 850/2015 sendo parte neste, dun lado como demandante José Luis Catrufo Eirís, asistida pola letrada Zolena Alvarado Escalona, e como demandado Socoga e Esperante, S.L., que non comparece, con intervención procesual de Fogasa, que non comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Decisión.

Que, estimando a demanda interposta polo demandante José Luis Catrufo Eirís debo condenar e condeno a empresa Socoga y Esperante, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 3.259,53 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuro por demora respecto da cantidade que ten carácter salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na “Conta de Depósitos e Consignacións” que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Socoga y Esperante S.L., en ignorado paradoiro, para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 2 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza