Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26411

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 211/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 211/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Grille Barreiro contra a empresa Proyectos Constructivos del Norte, S.L. (Proconor), Fogasa, sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza.

Na Coruña o catro de maio de dous mil dezaoito

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 211/2016, nos cales son parte, dun lado, como demandante Julio Grille Barreiro, representada polo letrado Daniel Pérez López, e como demandado Proyectos Constructivos del Norte, S.L., que non comparece, e o Fogasa, representado pola letrada Rosa Prósper Montalvo, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito.

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, despois de expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases, co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluso o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido

Que, estimando en parte a demanda interposta polo demandante Julio Grille Barreiro, coa intervención do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Proyectos Constructivos del Norte, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 4.994,05 €, e responderá o Fogasa, se for o caso, e en virtude da prescrición, da cantidade de 3.641,92 €.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e que o deben anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar comprobante de teren consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interporen o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente.

Publicación. Expído eu, a secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola constitución e as leis. A seguir, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Proyectos Construtivos del Norte, S.L. (Proconor), en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza