Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26832

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2018 pola que se lle dá publicidade á encomenda de xestión coa Fundación Semana Verde de Galicia para que poña á disposición da Dirección Xeral da Función Pública os espazos precisos e os traballos de apoio necesarios para a realización da proba correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.

De conformidade co artigo 9.3 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico, dáse publicidade á encomenda de xestión da Consellería de Facenda á Fundación Semana Verde de Galicia, que ten as seguintes características:

– Obxecto: a Fundación Semana Verde de Galicia pon á disposición da Dirección Xeral da Función Pública o pavillón número 2 e outros espazos do recinto feiral e infraestruturas como o aparcadoiro e outras prestacións accesorias (vixilancia, limpeza, uso de megafonía…) para realizar a proba correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Fundación Semana Verde de Galicia a consideración de medio propio instrumental da Administración, de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 13/2010, do 17 de decembro.

– Orzamento: 22.460,60 €.

– Prazo de execución: 20 de maio de 2018.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2018

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG do 13 de xaneiro)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda