Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 16 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se notifica á interesada para que acredite a representación no recurso de alzada interposto contra a Resolución do 31 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior (expediente sancionador L-7/17).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á interesada que se sinala no anexo deste anuncio para que acredite a representación no recurso de alzada interposto contra a resolución da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, do 31 de xaneiro de 2018, en materia de xogo.

De acordo co disposto nos artigos 5 e 115 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a interesada deberá achegar a acreditación da dita representación no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ao seguinte enderezo:

Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela

Indícaselle que, de non presentar a documentación requirida no prazo indicado anteriormente, se dará por desistida da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Expediente: Resolución do 31 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, ditada no expediente sancionador L-7/17 en materia de xogo.

Recorrente: Electrónicos Recaysa, S.L.

Acto de notificación: requirimento de acreditación da representación no recurso de alzada interposto contra a resolución ditada no expediente anteriormente citado.

Último enderezo coñecido: avenida de Garabolos, nº 3, 4º D, 27003 Lugo.