Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 21 de maio de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente en relación coa Resolución do 7 de xullo de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 135, do 17 de xullo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da notificación deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta secretaría xeral, sita na rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2018

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte

ANEXO

– Expediente: Resolución do 7 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 25 de novembro de 2016, pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.

– Interesado: Club Atletismo Millaraio.

– NIF: G70193313.

– Acto notificado: acordo de inicio de declaración de perda total/parcial de dereito ao cobramento da axuda.

– Interesado: Club Deportivo Ciudad.

– NIF: G15275183.

– Acto notificado: acordo de inicio de declaración de perda parcial de dereito ao cobramento da axuda.