Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación parque eólico singular de Mondoñedo (expediente 002-PES).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica do parque eólico singular de Mondoñedo, segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 18 de maio de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente 002-PES.

Denominación: parque eólico singular de Mondoñedo.

Convocatoria levantamento actas previas: 28.6.2018 ás 12.00 horas no Concello de Mondoñedo.

Apelidos e nome do propietario

Referencia catastral

Lugar

Plataf.

(m2)

Edif. control

Vía ou vía gabia

Servizo de voo

Gabia

Fiscal da Audiencia Provincial

291532

Chao da Ferradura

310