Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26854

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4922/2017-IP).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 4922/2017 desta sección, seguido por instancia de María Jesús Amado Rodríguez contra Fogasa, Izar Construcciones Navales, S.A., María del Carmen Rodríguez Vázquez, José Luis Amado Rodríguez, Yolanda Amado Rodríguez, Santiago González Garay, Indunor, S.A., sobre outros dereitos da Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Do/da letrado/a da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 9 de maio de 2018.

O anterior escrito presentado polo letrado Jesús Porta Dovalo en nome e representación de María Jesús Amado Rodríguez, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpoñer o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Expídase certificación da sentenza citada como de contraste con expresión da súa firmeza, que se unirá á peza separada do RCUD unha vez se presente o escrito de interposición.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte impugnada poida opoñerse á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

O/a letrado/a da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Undinor, S.A., e Santiago González Garay, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza