Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26925

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de convocatoria para a contratación dun técnico en turismo vinte e cinco horas semanais.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 25 de maio de 2018, convócase proceso de selección para a contratación dun técnico en turismo, asimilado ao grupo C, subgrupo C1 e cun nivel 14 de complemento de destino, cunha xornada de 25 horas semanais, baixo a modalidade de funcionario interino, para a execución dun programa local de desenvolvemento turístico 2018.

O período de duración da interenidade será dun mínimo de catro meses e máximo de seis meses, desde a data de toma de posesión do funcionario que resulte seleccionado, sen exceder a data do 31 de decembro de 2018.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación é de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As bases estarán á disposición dos interesados nas oficinas municipais, na páxina web do Concello e tamén sairán publicadas no BOP.

Arzúa, 25 de maio de 2018

José Luis García López
Alcalde