Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26926

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de convocatoria para a contratación dun técnico en turismo trinta e sete horas e media semanais.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 25 de maio de 2018, convócase proceso de selección para a contratación dun técnico en turismo, asimilado ao grupo C, subgrupo C1 e cun nivel 14 de complemento de destino, cunha xornada de 37 horas e media semanais, baixo a modalidade de funcionario interino, para a execución dun programa local de desenvolvemento turístico 2018.

O período de duración da interinidade será dun mínimo de catro meses e máximo de seis (6) meses, desde a data de toma de posesión do funcionario que resulte seleccionado, sen exceder a data do 31 de decembro de 2018.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación é de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As bases estarán á disposición dos interesados nas oficinas municipais, na páxina web do Concello e tamén sairán publicadas no BOP.

Arzúa, 25 de maio de 2018

José Luis García López
Alcalde