Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26927

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de técnico/a de emprego e desenvolvemento económico, por consolidación de emprego temporal, incluída na oferta de emprego público 2016.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 86, do 8 de maio de 2018, foron publicadas integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de técnico/a de emprego e desenvolvemento económico, grupo II, persoal laboral fixo, por concurso oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Cabanas, 8 de maio de 2018

Germán Castrillón Permuy
Alcalde