Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26929

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dodro

ANUNCIO de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para relocalización do solo urbanizable industrial S-01.

Aprobada inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Dodro para relocalización do solo urbanizable S-01, mediante o Acordo do Pleno do 5 de outubro de 2017, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, someteuse a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Estimada polo Pleno da Corporación, o 18 de maio de 2018, a alegación presentada por Justo Cortizo Sóñora, en consideración de tipo formal, na cuestión referida a someter novamente a información pública o documento de aprobación inicial e coa observancia de que durante o prazo de exposición pública o Concello facilite o seu acceso e a información telemática.

De conformidade cos artigos 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, ábrese un novo período de información pública durante dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e mediante anuncios no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de edictos do Concello e nun xornal dos de maior difusión da provincia.

Durante o dito prazo quedará o expediente, con todos os documentos que integran a modificación puntual do PXOM, incluído o estudo ambiental estratéxico, á disposición de calquera que queira examinalo para que se poidan presentar as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto da modificación puntual.

A suspensión terá unha duración máxima de dous (2) anos.

Dodro, 21 de maio de 2018

Valentín Alfonsín Somoza
Alcalde