Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26930

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de convocatoria dos procesos selectivos para o acceso en propiedade a doce prazas de bombeiro/a condutor/a e unha praza de técnico/a en xardín de infancia.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 099, do 2 de maio de 2017, foron publicadas integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 017, do 22 de xaneiro de 2018, foi publicada resolución relativa á convocatoria e bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

Persoal funcionario:

Decreto 17010968, do 15 de decembro de 2017: doce (12) prazas de bombeiro/a condutor/a (seis prazas incluídas na OPE 2015 e seis prazas incluídas na OPE 2016); escala: Administración especial; subescala: servizos especiais; clase: servizo de extinción de incendios; grupo de titulación C (subgrupo C2). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

O dito decreto foi rectificado polo Decreto 18001973, do 9 de marzo de 2018, publicado no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 089, do 19 de abril.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 089, do 19 de abril de 2018, foi publicada resolución relativa á convocatoria e bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

Persoal funcionario:

Decreto 18001972, do 9 de marzo de 2018: unha (1) praza de técnico/a de xardín de infancia; escala: Administración especial; subescala: técnica; clase: auxiliar; grupo de titulación C (subgrupo C1). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 20 de abril de 2018

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16005312, do 5.7.2016)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de
Desenvolvemento Sostible e Persoal