Mediante Resolución da Alcaldía, con data do 22 de maio de 2018, aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2018 derivada do proceso de estabilización de emprego temporal de servizos sociais, nos seguintes termos:
«1º. Aprobar a oferta de emprego público para o ano 2018 do Concello de Meaño, derivada do proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do artigo 19.2.6) da Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017, correspondente as seguintes prazas:
Persoal laboral fixo: derivado do proceso de estabilización de emprego
Denominación |
Nº de prazas |
Grupo de cotización |
Sistema de acceso |
Mestra/e escola infantil 0-3 anos |
1 |
2 |
Concurso-oposición |
Técnica/o especialista en xardín de infancia ou equivalente escola infantil 0-3 |
1 |
3 |
Concurso-oposición |
Técnico/a socio animador cultural terceira idade centro social polivalente |
1 |
3 |
Concurso-oposición |
Coidador/a terceira idade centro social polivalente |
1 |
7 |
Concurso-oposición |
Coidador/a-condutor/a transporte asistencial centro social polivalente |
1 |
7 |
Concurso-oposición |
2º. Que se faga pública esta oferta, mediante a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, ao abeiro dos artigos 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto do empregado público, 91.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e 128 do Real decreto lexislativo 781/1096, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local».
O que se fai público para xeral coñecemento.
Meaño, 23 de maio de 2018
Mª Lourdes Ucha Varela
Alcaldesa