Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 26957

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2018 pola que se lle dá publicidade a unha modificación da Resolución do 15 de decembro de 2017, en virtude da cal se encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. S.M.E., M.P., o servizo técnico cualificado para o control, xestión e análise de proxectos e actividades relacionadas cos procedementos de avaliación ambiental e coa autorización ambiental integrada.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dase publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

1. Resolución do 9 de abril de 2018, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se modifica a Resolución do 15 de decembro de 2017, en virtude da cal se encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. S.M.E., M.P., o servizo técnico cualificado para o control, xestión e análise de proxectos e actividades relacionadas cos procedementos de avaliación ambiental e coa autorización ambiental integrada.

– Actividade. A encomenda comprende traballos de avaliación ambiental estratéxica, avaliación de impacto ambiental así como de tramitación da autorización ambiental integrada. A súa modificación supón a ampliación dos traballos encomendados inicialmente.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxetiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio propio instrumental da Administración segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

Prazo de vixencia. O período de execución comeza despois de recibir a resolución de ampliación finalizando, en calquera caso, antes do 31 de decembro de 2018.

– Modalidade de financiamento. Esta encomenda tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, aplicación orzamentaria 07.02.541D.640.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2018

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente y Ordenación del Territorio