Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 9 de maio de 2018 pola que se lles notifica aos interesados a liquidación de préstamo con garantía hipotecaria, pola non ocupación da vivenda de promoción pública e outras causas.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal na vivenda de promoción pública que consta como último domicilio coñecido, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, na cal se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lle notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, o Servizo de Réxime Xurídico e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), situado en Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, nun prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no taboleiro de edictos (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No caso de transcorrer o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: C 88/030 conta 129.

Nome: Lorena Magdalena Fernández Brea con DNI XXXXX280T, Antonio Rubén Fernández Brea con DNI XXXXX462C e comunidade hereditaria de José Isidro Fernández Rodríguez e María Josefa Brea Gómez.

Indicación do contido do acto que se notifica:

Notificación (art. 572 Lei de axuizamento civil), á Lorena Magdalena Fernández Brea, Antonio Rubén Fernández Brea e á comunidade hereditaria de José Isidro Fernández Rodríguez e María Josefa Brea Gómez da cantidade exixible resultante da liquidación do préstamo con garantía hipotecaria sobre a vivenda de promoción pública adquirida en 1993 ao IGVS por José Isidro Fernández Rodríguez e María Josefa Brea Gómez.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non se poderá interpoñer ningún recurso.