Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de mantemento, evolución e soporte especializado do sistema integral de xestión de expedientes da Asesoría Xurídica (expediente AMT-2018-0001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o servizo de mantemento, evolución funcional e tecnolóxica, e soporte especializado do sistema integral de xestión da Asesoría Xurídica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 4 de xaneiro de 2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 201.600,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 100.800,00 € máis 21.168,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 121.968,00 € (cento vinte e un mil novecentos sesenta e oito euros).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20 de marzo de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 27 de abril de 2018.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 90.000,00 € (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia