Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de maio de 2018 para facer pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública dos estudos de ordenación da delimitación de treitos urbanos de solo de núcleo rural na Rede autonómica de estradas de Galicia, dos seguintes concellos da provincia de Ourense: Allariz, Arnoia, Avión, O Barco de Valdeorras, Beade, Boborás, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelos do Val, Cortegada, Esgos, Gomesende, Laza, Leiro, Muíños, Petín, Pontedeva, Rairiz de Veiga, Riós, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Taboadela, A Teixeira, Vilamarín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Viardevós e Xunqueira de Espadanedo.

Con data do 23 de maio de 2018, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Infraestruturas e Vivenda (Orde do 4 de febreiro de 2013, Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:

«Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 18 de setembro de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 177) o Anuncio do 7 de setembro de 2017, polo que se someten ao trámite de información pública os estudos de ordenación da delimitación de treitos urbanos de solo de núcleo rural na Rede autonómica de estradas de Galicia, dos seguintes concellos da provincia de Ourense: Allariz, Arnoia, Avión, O Barco de Valdeorras, Beade, Boborás, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelos do Val, Cortegada, Esgos, Gomesende, Laza, Leiro, Muíños, Petín, Pontedeva, Rairiz de Veiga, Riós, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Taboadela, A Teixeira, Vilamarín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Viardevós e Xunqueira de Espadanedo.

Segundo. Durante todo o trámite de información pública presentáronse alegacións e certificados, e procedeuse á súa valoración.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 63.4 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, os mencionados estudos de ordenación, sometéronse ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite do parágrafo anterior, e para os efectos de incorporar na normativa urbanística a ordenación establecida para os peches nos treitos anteriores; os documentos sométense tamén a información pública, segundo o artigo 23.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, xa que establece que os estudos e proxectos sometidos ao trámite de información pública en materia de estradas e informe das administracións afectadas, unha vez aprobados definitivamente, teñen a consideración de proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal e terán forza vinculante para as administracións públicas e para os particulares e prevalecerán sobre as determinacións do planeamento urbanístico vixente.

De acordo con todo o exposto, e tras os certificados e alegacións recibidas,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar, de acordo co establecido no artigo 63 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o expediente de información pública dos estudos de ordenación da delimitación de treitos urbanos de solo de núcleo rural na Rede autonómica de estradas de Galicia, dos seguintes concellos da provincia de Ourense: Allariz, Arnoia, Avión, O Barco de Valdeorras, Beade, Boborás, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelos do Val, Cortegada, Esgos, Gomesende, Laza, Leiro, Muíños, Petín, Pontedeva, Rairiz de Veiga, Riós, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Taboadela, A Teixeira, Vilamarín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Viardevós e Xunqueira de Espadanedo, de clave: GA/17/047.09.3, tendo en conta o seguinte:

1. A resolución de aprobación definitiva do seguinte expediente supón a entrada en vigor do réxime especial de treitos urbanos para os solos de núcleo rural incluídos no estudo.

2. Asemade, esta aprobación definitiva, modifica a posición dos peches situados nas marxes das estradas autonómicas, tendo en conta a súa tipoloxía, do seguinte xeito:

a) Os peches completamente diáfanos, sobre piquetes sen cimentación de obra de fábrica, por circunstancias de aproveitamento agrícola ou gandeiro debidamente acreditadas, poderán situarse no bordo da parcela.

b) Os peches diáfanos, con cimentación de obra de fábrica que non sobresaian máis de corenta (40) cm en ningún punto da rasante do terreo, non poderán situarse máis próximos á estrada que a maior das dúas distancias, oito (8) metros medidos desde o eixo da estrada ou a situación da aliñación oficial exterior.

c) O resto de peches non diáfanos ou de obra de fábrica, non poderán situarse máis próximos á estrada que a aliñación de edificación.

3. Incluír no expediente de recoñecemento dos treitos urbanos nos solos de núcleo rural das estradas autonómicas, o núcleo de Picouto, situado no concello de San Cibrao das Viñas.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas