Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27335

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (SSS 102/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 102/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Urías Sanmiguel Osorio contra Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social número 201, Alicatados Carballo, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución é do teor literal seguinte:

Reforzo:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: seguridade social número 102/2016.

Demandante: Urías San Miguel Osorio.

Letrado: Sr. Nogueira Esmorís.

Demandados:

– INSS, TXSS

Letrada: Sra. Guerra Díaz.

– Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Letrado: Sr. Torrado Oubiña.

– Alicatados Carballo.

Sentenza número 159/18

A Coruña, 2 de maio de 2018.

Resolución.

– Estimo a demanda interposta por Urías Sanmiguel Osorio fronte ao INSS, TXSS, Alicatados Carballo e Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e, en consecuencia,

– Declaro o dereito do demandante a que se lle repoña o incremento do 20 % que viña percibindo en relación coa IPT que ten recoñecida.

– Condeno os demandados a avirse a tal declaración e a aboar a prestación correcta en contía, forma e efectos regulamentarios.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alicatados Carballo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza