Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27289

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

EXTRACTO da Resolución do 21 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 (segunda convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN854A).

BDNS (Identif.): 401051.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

a) Empresas industriais cun establecemento permanente legalmente constituído en Galicia que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico. As empresas poderán ser grandes ou pemes.

b) Agrupacións dunha empresa ou empresas e un organismo de investigación e difusión, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, que realicen proxectos en cooperación.

Recóllense dúas modalidades de participación: individual ou en cooperación. Os organismos de investigación só poderán participar na modalidade en cooperación.

Poderán participar na modalidade de proxectos individuais unha peme ou unha empresa grande, no caso de proxectos de I+D. No caso de proxectos de innovación en materia de organización e de procesos, para a modalidade de participación individual, só poderá participar unha peme.

As entidades participantes en proxectos en cooperación deberán formar unha agrupación xurídica, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007. Esta agrupación estará constituída por:

No caso de proxectos de I+D:

– Empresas, pemes ou grandes, que pertenzan a un mesmo grupo empresarial ou por empresa/s, pemes ou grandes, que pertenzan a un mesmo grupo empresarial e un único organismo de investigación e difusión.

No caso de proxectos de innovación en materia de organización e procesos:

– Empresas, como máximo de dous grupos empresariais diferentes, sendo necesario que unha delas sexa unha peme.

Deberán ser proxectos empresariais de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de organización e de procesos, e terán un orzamento subvencionable mínimo de 4.000.000 de euros e máximo de 10.000.000 de euros.

Segundo. Finalidade

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación ao abeiro da segunda convocatoria do programa Industrias do futuro 4.0. Este programa, incluído no plan de acción da RIS3 Galicia, ten por obxectivo o fomento do investimento privado para o financiamento da innovación a través do apoio a grandes proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego, centrados no desenvolvemento de tecnoloxías industriais clave para acadar un modelo produtivo innovador. Estes proxectos deberán estar en liña coas tendencias internacionais da fábrica do futuro, fábrica intelixente e da Industria 4.0.

Os proxectos deberán ser estratéxicos para a renovación do modelo produtivo e actuar como tractores nos ámbitos máis destacados da economía de Galicia, cun efecto de transformación do tecido industrial galego cara a unha competitividade baseada na innovación, contribuíndo a conseguir unha «industria intelixente», para 2020. Ademais, caracterizaranse por un uso intensivo das tecnoloxías facilitadoras (TFE) para obter procesos e produtos de alto valor engadido en liña coas tendencias internacionais da fábrica do futuro, fábrica intelixente e da Industria 4.0, sempre aliñados co reto 2 da RIS3 galega.

Poderán estar centrados na mellora de procesos, buscando avanzar na súa eficiencia e flexibilidade, na mellora de produtos, de forma que se xeren produtos novos ou con novas funcionalidades para adaptalos ás novas tendencias e nos novos modelos de negocio, a través das tecnoloxías que conecten o mundo físico co dixital, as tecnoloxías que permitan a comunicación e o tratamento dos datos e as tecnoloxías que faciliten a xestión intelixente das operacións, así como o traballo colaborativo con outras empresas.

Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2018, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN854A). As axudas concedidas no marco da presente resolución axústanse ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Importe

O importe total da convocatoria é de 18.200.000 euros, coa seguinte distribución anual:

EIXE

OE

Beneficiarios

Aplicación

2018

2019

2020

Total

01

1.2.1

Grandes empresas

09.A3.561A.770.00

(CP: 2018.003)

25.000

3.600.000

3.575.000

7.200.000

01

1.2.1

Pemes

09.A3.561A.770.0

(CP: 2018.002)

25.000

3.500.000

3.475.000

7.000.000

01

1.2.1

Organismos de investigación públicos

09.A3.561A.744.0

(CP: 2018.005)

25.000

1.000.000

975.000

2.000.000

01

1.2.1

Organismos de investigación privados

09.A3.561A.781.0

(CP: 2018.006)

25.000

1.000.000

975.000

2.000.000

Total

100.000

9.100.000

9.000.000

18.200.000

O orzamento distribuirase ao 50 % entre as dúas edicións previstas. No caso de remanente de crédito na primeira edición, incrementarase o crédito da edición posterior mediante modificación desta resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

As axudas reguladas nesta resolución estarán cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 1 «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación», prioridade de investimento 1.2 «O fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes», obxectivo específico: 1.2.1 «Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora» e actuación CPSO 1.2.1.6 «Proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras no marco da atracción do investimento privado para a posta en valor da I+D+i en Galicia».

As axudas das presentes edicións fináncianse no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento Feder do 80 %, computándose o 20 % restante como investimento privado elixible dos beneficiarios.

As axudas concederanse en forma de subvencións. A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos seleccionados determinarase sobre o investimento subvencionable de cada beneficiario, e será conforme os límites de intensidade previstos nos artigos 25 e 29 do Regulamento UE nº 651/2014, de acordo coa seguinte táboa:

Categoría predominante do proxecto / da participación dun membro
da agrupación no caso de proxectos en cooperación

Pequena empresa1

Mediana empresa1

Grande empresa1

Investigación industrial

70 %

60 %

50 %

Desenvolvemento experimental

45 %

35 %

25 %

Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresa/s dun mesmo grupo empresarial e un organismo de investigación e difusión, tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación

80 %

75 %

65 %

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresa/s dun mesmo grupo empresarial e un organismo de investigación e difusión, tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación

60 %

50 %

40 %

Innovación en materia de procesos e organización2

50 %

50 %

15 %

1 Para os efectos desta convocatoria, na medida en que as actividades que se apoian teñen natureza económica, aos organismos de investigación seranlles de aplicación estes mesmas intensidades máximas.

2 No caso de grandes empresas, só cando colaboran de xeito efectivo cunha ou varias pemes, que deberán asumir, como mínimo, o 30 % dos custos subvencionables totais do proxecto (artigos 4.3 e 6.4).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

A empresa líder da agrupación presentará a solicitude no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Esta convocatoria inclúe dúas edicións, polo tanto os prazos serán dous tal e como se detalla na táboa seguinte:

Edición

Inicio do prazo de presentación de solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes

1ª edición

O día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG

Un mes

2ª edición

Desde o día seguinte ao da publicación da resolución de concesión da 1ª edición no DOG

Ata o 28.9.2018

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación