Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27303

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2018 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril) (en diante, LOU), no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, polo que se establece a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios (en diante, RDAN) e no Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo cal se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios (en diante, RDCA), e a teor do establecido nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio) e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro) da Xunta de Galicia (en diante, EUDC), en execución da oferta de emprego público (OEP) de persoal docente e investigador para o ano 2017, aprobada mediante a Resolución do 7 de xuño de 2017 (DOG do 16 de xuño) e modificada pola Resolución do 12 de decembro de 2017 (DOG do 20 de decembro), e da OEP de persoal docente e investigador para o ano 2018, aprobada mediante a Resolución do 21 de marzo de 2018 (DOG do 2 de abril).

Esta reitoría, no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 36 dos EUDC, resolveu convocar concurso de acceso ás prazas que se relaciona no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Este concurso rexerase pola LOU, o RDCA, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os EUDC, a normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 10 de decembro de 2008 e, naquilo que non estiver previsto, pola lexislación xeral da función pública do Estado.

1.2. Os concursos de acceso terán un procedemento independente para cada praza ou prazas convocadas.

1.3. O cómputo dos prazos establecidos nesta convocatoria axustarase ao disposto no artigo 3 da normativa desta universidade, pola cal se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios.

Para o cómputo dos prazos, o mes de agosto será inhábil para todos os efectos.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Requisitos xerais.

Para ser admitido/a á realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles Estados aos cales, en virtude de tratados internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.

Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan á súa conta. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así estea previsto nos tratados internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España.

Igualmente, poderán participar os aspirantes de nacionalidade estranxeira non comunitaria, cando se cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.

b) Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. Os aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar que non foron sometidos a ningunha sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes á praza.

2.2. Requisitos específicos.

Ser doutor/a e estar acreditado ou acreditada para o corpo docente de profesores y profesoras titulares de universidade conforme o establecido no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, modificado polo Real decreto 415/2015, do 29 de maio.

Considérase que posúe a acreditación regulada no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, o profesorado habilitado conforme o establecido no Real decreto 774/2002, do 26 de xullo, polo que se regula o sistema de habilitación nacional para o acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso respectivos.

Os requisitos establecidos nestas bases deberán cumprirse no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión.

3. Solicitudes.

3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo III nesta convocatoria e serán dirixidas ao reitor da Universidade da Coruña no prazo de quince días, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria do Boletín Oficial del Estado. De ser o último día do prazo inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015.

3.2. As solicitudes serán presentadas no Rexistro Xeral (Reitoría; rúa da Maestranza 9, A Coruña) ou nos rexistros auxiliares da Universidade da Coruña (Campus de Elviña e de Ferrol), ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro). As solicitudes que se presentaren por medio das oficinas de Correos deberán ir en sobre aberto para que o persoal de Correos poida estampar nelas o selo de datas antes da súa certificación. As solicitudes que se fagan no estranxeiro poderanse cursar por medio das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

Os dereitos de exame serán de 41,56 euros e ingresaranse na conta corrente 0049-5030-15-2516011262, concursos-oposicións, no Banco Santander Central Hispano da Coruña. O pagamento realizarase directamente nas oficinas da dita entidade ou mediante transferencia bancaria na cal deberán constar obrigatoriamente o nome e apelidos da persoa interesada e a referencia da praza a que concursa. En ningún caso a simple presentación da solicitude e o pagamento na entidade suporán a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na base 3.1.

3.3. Coa instancia achegaranse necesariamente os seguintes documentos, e será causa de exclusión a falta dalgún deles:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade. Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Copia compulsada dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na base 2.2.

c) Xustificante orixinal do pagamento dos dereitos de exame.

Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame as persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33 %. Tamén estarán exentas do pagamento as persoas que sexan membros de familia numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando copia orixinal ou compulsada da cualificación da minusvalidez ou do documento acreditativo de familia numerosa, segundo corresponda.

Así mesmo, terán unha bonificación do 50 % da taxa as persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses anteriores á data de publicación da presente convocatoria e que non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego, aspectos que deberán ser certificados pola oficina dos servizos públicos de emprego.

3.4. Os erros de feito que se poidan advertir, poderanse emendar en calquera momento, de oficio ou por petición do/da interesado/a. Os aspirantes quedan vinculados aos datos que fixesen constar nas súas solicitudes, e unicamente poderán demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1 para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo, non se admitirá ningunha petición desta natureza, excepto causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada pola Universidade.

4. Admisión dos/das aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o vicerreitor de Profesorado da Universidade da Coruña ditará unha resolución en que aprobe a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, con indicación das causas de exclusión, que será publicada no taboleiro electrónico oficial da Universidade da Coruña (https://sede.udc.gal/services/electronic_board) e, a título divulgativo, no enderezo da internet http://www.udc.es/persoal/ga/pdi/concursos/funcionarios.asp

4.2. Contra a devandita resolución os/as interesados/as poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Resoltas as ditas reclamacións, publicarase nos mesmos lugares a relación definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as.

4.3. De acordo co previsto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, estas publicacións producirán os mesmos efectos da notificación persoal ás persoas interesadas.

5. Comisión de acceso.

5.1. De acordo co que establece o artigo 81 dos EUDC, a composición da Comisión é a que figura no anexo II desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo. Salvo petición noutro sentido e autorizada, terá a súa sede e actuará no centro a que se adscriba a praza convocada.

Conforme o establecido no artigo 6.4 do Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, os currículos dos membros das comisións de acceso faranse públicos e poderán ser consultados no Servizo de Persoal Docente e Investigador.

5.2. O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, salvo cando concorra causa xustificada, debidamente alegada polo/a interesado/a e así apreciada polo reitor. Os membros da Comisión deberanse abster de actuar e os/as interesados/as poderán recusalos nos casos e polos motivos regulados na Lei 39/2015. Resolta a renuncia, a abstención ou a recusación, os afectados serán substituídos polos seus respectivos suplentes, na súa falta, por orde correlativa; nos demais casos resolverá o reitor.

5.3. A Comisión deberase constituír no prazo máximo de tres meses desde o día seguinte ao da data de publicación no BOE da correspondente convocatoria. Transcorrido o dito prazo sen que se constituíse, o reitor procederá á substitución do/da presidente/a titular.

5.4. Dentro do dito prazo, o/a Presidente/a, despois de consultar cos restantes membros, ditará unha resolución que se lles notificará a todos os/as interesados/as cunha antelación mínima de quince días naturais respecto da data do acto para o cal se citan, convocando:

a) A todos os membros titulares da Comisión e, de ser o caso, os suplentes, para efectuar o acto de constitución e fixar a continuación e facer públicos os criterios específicos de selección. Na citación indicaranse o día, a hora e o lugar para o acto de constitución.

b) A todos os/as aspirantes admitidos/as a participar no concurso, para realizar o acto de presentación de concursantes, con indicación do día, o lugar e a hora para a realización do dito acto; para estes efectos, o prazo entre a data prevista para o acto de constitución da Comisión de acceso e a data sinalada para o acto de presentación non poderá exceder os dous días hábiles.

5.5. A constitución da Comisión de acceso exixirá a asistencia da totalidade dos seus membros. Os membros titulares que non concorran a este acto cesarán e serán substituídos polos seus respectivos suplentes. Unha vez constituída a Comisión, no caso de ausencia do seu presidente será substituído polo vogal de maior categoría e antigüidade. O secretario será substituído, de ser o caso, polo vogal de menor categoría e antigüidade.

5.6. Para que a Comisión poida actuar validamente, requirirase a asistencia de, polo menos, tres dos seus membros entre os cales figurarán obrigatoriamente o/a presidente/a e o/a secretario/a. Os membros da Comisión que estivesen ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer.

Se, unha vez comezada a primeira proba, a Comisión queda con menos de tres membros, procederase ao nomeamento dunha nova comisión polo procedemento establecido no artigo 9 da normativa que regula os concursos e non poderán formar parte dela os membros da primeira que cesasen nesta condición.

5.7. No acto de constitución, a Comisión establecerá e fará públicos, antes do acto de presentación, os criterios de valoración do concurso adecuados ao perfil da praza.

5.8. Durante o desenvolvemento do concurso, a Comisión resolverá as dúbidas que poidan xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento a súa actuación axustarase ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

6. Acto de presentación.

6.1. O acto de presentación será público e no transcurso deste os/as candidatos entregarán ao presidente da Comisión de acceso, por quintuplicado, a seguinte documentación:

a) O curriculum vitae, no cal se detallarán ou seu historial académico, docente, investigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial, xunto cun exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos dos seus méritos. O curriculum vitae deberase axustar ao modelo que se xunta como anexo IV.

Proxecto docente e investigador que o/a candidato/a se propón desenvolver de lle ser adxudicada a praza a que concursa. O dito proxecto axustarase, de se fixar na convocatoria, ás especificacións establecidas.

6.2. Non acto de presentación, os/as concursantes recibirán cantas instrucións deban serlles comunicadas sobre a realización das probas. Así mesmo, determinarase mediante sorteo a orde de actuación dos/das concursantes e fixarase o lugar, a data e a hora de inicio das probas.

6.3. O secretario da Comisión de acceso garantirá que a documentación que entreguen os concursantes poida ser consultada antes do inicio das probas polos candidatos.

7. Realización das probas,

7.1. Os concursos de acceso constarán das probas e axustaranse ao procedemento que establece o artigo 12 da normativa aprobada mediante o Acordo do Consello de Goberno, do 10 de decembro de 2008 pola que se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios na Universidade da Coruña.

7.2. As probas serán públicas e cada unha delas será eliminatoria.

7.3. Finalizada cada proba, cada membro da Comisión entregaralle ao/á presidente/a un informe razoado, axustado aos criterios previamente fixados, de cada un dos/as concursantes, con expresión explícita de voto favorable ou desfavorable.

7.4. Para superar a proba é necesario obter, cando menos, tres votos favorables dos membros da Comisión de acceso.

7.5. A proposta de provisión de prazas realizarase con base nos votos favorables recibidos dos membros da Comisión. No caso de empate, recorrerase á votación e non será posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto do/da presidente/a.

8. Proposta.

8.1. Nun prazo máximo de cinco días, desde o seguinte ao da finalización das probas, publicarase no taboleiro de anuncios do centro en que actúe a Comisión de acceso a proposta motivada e vinculante de nomeamento para a provisión da praza, con expresión de todos os/as candidatos propostos por orde de preferencia. Contra a dita proposta os/as concursantes poderán presentar reclamación ante o Reitor, no prazo de dez días.

8.2. Unha vez que se publique, o/a presidente/a da Comisión de acceso ou, de ser o caso, o/a secretario/a entregarán a proposta na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña, xunto coas actas e cos informes que compoñen o expediente, un exemplar da documentación achegado por cada candidato coa xustificación documental correspondente e a certificación do/da secretario/a da Comisión en que se faga constar a data de publicación no taboleiro do centro.

8.3. Tras finalizar o procedemento, a documentación dos/as concursantes quedará á súa disposición na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña de onde deberán retirala. No entanto, no caso de interposición de recurso, non se poderá retirar ata que a resolución impugnada sexa firme, sen prexuízo de que os/as interesados/as poidan realizar copia da documentación para outros efectos.

8.4 Transcorridos seis meses desde a finalización do procedemento ou, no caso de haber recurso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza, a documentación que non fose retirada será destruída.

9. Presentación de documentos e nomeamento.

9.1. A persoa candidata proposta en primeiro lugar deberá presentar, no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da publicación da proposta, nos lugares e conforme o procedemento previsto na base 3.2., os seguintes documentos:

a) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado/a de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións docentes e asistenciais.

Os/as concursantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública, segundo o establecido na Lei 17/1993, de 23 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 24 de decembro).

b) Certificado médico oficial de non padecer ningunha enfermidade nin defecto físico ou psíquico que o/a incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

c) Declaración xurada ou promesa de non incorrer en incompatibilidade segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de setembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas (Boletín Oficial del Estado do 4 de xaneiro de 1985).

Aquelas persoas que teñan a condición de funcionarias públicas de carreira estarán exentas de xustificar e presentar os documentos indicados nas alíneas a) e b). Deberán presentar, no caso de procederen doutra Administración, unha certificación da universidade ou organismo de que dependan que acredite a súa condición de funcionarios/as e de cantas circunstancias consten na súa folla de servizos.

9.2. O reitor da Universidade da Coruña efectuará o nomeamento como funcionario/a docente de carreira do/a candidato/a proposto/a pola Comisión, que especificará a denominación da praza: corpo e área de coñecemento. Comunicaráselle ao correspondente rexistro para os efectos de outorgamento de número do rexistro de persoal e a inscrición nos corpos respectivos, remitirase para a súa publicación ao Boletín Oficial del Estado e ao Diario Oficial de Galicia e comunicaráselle á Secretaría Xeral do Consello de Universidades.

9.3. No prazo máximo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o/a candidato/a proposto/a deberá tomar posesión do seu destino, momento en que adquirirá a condición de funcionario docente universitario de carreira do corpo de que se trate.

10. Comisión de reclamacións.

10.1. Contra as propostas das comisións dos concursos de acceso, as persoas concursantes poderán presentar reclamación ante o reitor no prazo de dez días. Admitida a trámite a reclamación, suspenderanse os nomeamentos ata a súa resolución. A reclamación será valorada por unha comisión composta por sete catedráticos e/ou catedráticas de universidade pertencentes a diversos ámbitos do coñecemento, designados polo claustro da Universidade, con ampla experiencia docente e investigadora.

10.2. A Comisión de reclamacións oirá os membros da Comisión contra cuxa proposta se presentase a reclamación e os/as candidatos/as que participasen no concurso.

10.3. Esta comisión examinará o expediente relativo ao concurso para velar polas garantías establecidas e ratificará ou non a proposta reclamada no prazo máximo de tres meses, tras o cal o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da Comisión. O transcurso do prazo establecido sen resolver entenderase como rexeitamento da reclamación presentada.

10.4. As resolucións do reitor a que se refire o punto anterior deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente, ante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

11. Norma final.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a Xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 22 de maio de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO I

Praza núm. 18/023.

Número de prazas: 1.

Corpo docente: titular de universidade.

Departamento: Pedagoxía e Didáctica.

Área de coñecemento: Didáctica e Organización Escolar.

Actividade docente e investigadora: 652G01011 Educación inclusiva e multicultural.

Centro: Facultade de Ciencias da Educación.

Praza núm. 18/024.

Número de prazas: 1.

Corpo docente: titular de universidade.

Departamento: Computación.

Área de coñecemento: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial.

Actividade docente e investigadora: 614G01052 Marcos de desenvolvemento.

Centro: Facultade de Informática.

Praza núm. 18/025.

Número de prazas: 1.

Corpo docente: titular de universidade.

Departamento: Enxeñaría de Computadores.

Área de coñecemento: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores.

Actividade docente e investigadora: materias da área.

Centro: Facultade de Informática.

Praza núm. 18/026.

Número de prazas: 1.

Corpo docente: titular de universidade.

Departamento: Enxeñaría Industrial.

Área de coñecemento: Enxeñaría de Sistemas e Automática.

Actividade docente e investigadora: 770G01036 Electrónica de potencia; 770G01043 Sistemas de control intelixente.

Centro: Escola Universitaria Politécnica.

Praza núm. 18/027.

Número de prazas: 1.

Corpo docente: titular de universidade.

Departamento: Empresa.

Área de coñecemento: Organización de Empresas.

Actividade docente e investigadora: 611G01032 Análise económica das organizacións.

Centro: Facultade de Economía e Empresa.

Praza núm. 18/028.

Número de prazas: 1.

Corpo docente: titular de universidade.

Departamento: Física e Ciencias da Terra.

Área de coñecemento: Física Aplicada.

Actividade docente e investigadora: 771G01002 Física aplicada á enxeñaría; 771G01011 Deseño e procesado con polímeros.

Centro: Escola Universitaria de Deseño Industrial.

Praza núm. 18/029.

Número de prazas: 1.

Corpo docente: titular de universidade.

Departamento: Física e Ciencias da Terra.

Área de coñecemento: Física Aplicada.

Actividade docente e investigadora: 770G02007 Física II; 670G01002 Física aplicada I; 770G02032 Polímeros en electricidade.

Centro: Escola Universitaria Politécnica.

Praza núm. 18/030.

Número de prazas: 1.

Corpo docente: titular de universidade.

Departamento: Matemáticas.

Área de coñecemento: Matemática Aplicada.

Actividade docente e investigadora: 631G01106 Matemáticas II; 631G02156 Matemáticas II.

Centro: ETS de Náutica e Máquinas.

Praza núm. 18/031.

Número de prazas: 1.

Corpo docente: titular de universidade.

Departamento: Enxeñaría Civil.

Área de coñecemento: Enxeñaría da Construción.

Actividade docente: 632G01024 Construción; 632G01030 Edificación e Prefabricación; 632G02030 Formigón Estrutural, Edificación e Prefabricación II.

Actividade investigadora: Grupo de construción.

Centro: ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.

ANEXO II

Praza núm. 18/023.

Corpo docente: titular de universidade.

Área de coñecemento: Didáctica e Organización Escolar.

Comisión titular

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Torres Santomé, Jorge José

CU

Universidade da Coruña

Secretario:

González Sanmamed, Mercedes

CU

Universidade da Coruña

Vogal 1º:

Rodríguez Rodríguez, Jesús

TU

Universidade de Santiago de Compostela

Vogal 2º:

Ricoy Lorenzo, Carmen

TU

Universidade de Vigo

Vogal 3º:

Feliz Murias, Tiberio

TU

Universidade Nacional de Educación a Distancia

Comisión suplente

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Martínez Rodríguez, Juan Bautista

CU

Universidade de Granada

Secretario:

Parrilla Latas, María Ángeles

CU

Universidade de Vigo

Vogal 1º:

Bueno Aguilar, Juan José

TU

Universidade da Coruña

Vogal 2º:

Sánchez Blanco, Concepción

TU

Universidade da Coruña

Vogal 3º:

San Martín Alonso, Ángel

TU

Universidade de Valencia

Praza núm. 18/024.

Corpo docente: titular de universidade.

Área de coñecemento: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial.

Comisión titular

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Pazos Sierra, Alejandro Celestino

CU

Universidade da Coruña

Secretario:

Dorado de la Calle, Julián Alfonso

CU

Universidade da Coruña

Vogal 1º:

Arcay Varela, Bernardino

CU

Universidade da Coruña

Vogal 2º:

Pedreira Souto, María de las Nieves

TU

Universidade da Coruña

Vogal 3º:

Porto Pazos, Ana Belén

TU

Universidade da Coruña

Comisión suplente

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Alonso Betanzos, María Amparo

CU

Universidade da Coruña

Secretario:

Ares Casal, Juan Manuel

TU

Universidade da Coruña

Vogal 1º:

García Vázquez, Rafael Carlos

CEU

Universidade da Coruña

Vogal 2º:

Guijarro Berdiñas, Berta María

TU

Universidade da Coruña

Vogal 3º:

Hernández Pereira, Elena María

TU

Universidade da Coruña

Praza núm. 18/025.

Corpo docente: titular de universidade.

Área de coñecemento: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores.

Comisión titular

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Touriño Domínguez, Juan

CU

Universidade da Coruña

Secretario:

Martín Santamaría, María José

TU

Universidade da Coruña

Vogal 1º:

Doallo Biempica, Ramón

CU

Universidade da Coruña

Vogal 2º:

Fraguela Rodríguez, Basilio Bernardo

TU

Universidade da Coruña

Vogal 3º:

González Gómez, Patricia

TU

Universidade da Coruña

Comisión suplente

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Fernández Rivera, Francisco Manuel

CU

Universidade de Santiago de Compostela

Secretario:

Amor López, Margarita

TU

Universidade da Coruña

Vogal 1º:

Sanjurjo Amado, José Rodrigo

TU

Universidade da Coruña

Vogal 2º:

Vázquez Regueiro, Carlos

TU

Universidade da Coruña

Vogal 3º:

Blanco Heras, Dora

TU

Universidade de Santiago de Compostela

Praza núm. 18/026.

Corpo docente: titular de universidade.

Área de coñecemento: Enxeñaría de Sistemas e Automática.

Comisión titular

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Santos Peñas, Matilde

CU

Universidade Complutense de Madrid

Secretario:

Meizoso López, María Carmen

TU

Universidade da Coruña

Vogal 1º:

Méndez Pérez, Juan Albino

CU

Universidade de La Laguna

Vogal 2º:

Piñón Pazos, Andrés José

TU

Universidade da Coruña

Vogal 3º:

Rodríguez Gómez, Benigno Antonio

TU

Universidade da Coruña

Comisión suplente

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Aguilar Chinea, Rosa María

CU

Universidade de La Laguna

Secretario:

Sigut Saavedra, Marta

TU

Universidade de La Laguna

Vogal 1º:

Andújar Márquez, José Manuel

CU

Universidade de Huelva

Vogal 2º:

Barambones Caramazana, Óscar

TU

Universidade del País Vasco

Vogal 3º:

López García, Hilario

CU

Universidade de Oviedo

Praza núm. 18/027.

Corpo docente: titular de universidade.

Área de coñecemento: Organización de Empresas.

Comisión titular

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

García del Valle, Alejandro

CU

Universidade da Coruña

Secretario:

Vázquez Suárez, Luis

TU

Universidade de Salamanca

Vogal 1º:

Montes Peón, José Manuel

CU

Universidade de Oviedo

Vogal 2º:

Nieto Sánchez, María Jesús

CU

Universidade Carlos III de Madrid

Vogal 3º:

Pérez López, Susana

TU

Universidade de Oviedo

Comisión suplente

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Navas López, José Emilio

CU

Universidade Complutense de Madrid

Secretario:

Rialp Criado, Alejandro

TU

Universidade Autónoma de Barcelona

Vogal 1º:

González Díaz, Manuel

CU

Universidade de Oviedo

Vogal 2º:

Sánchez Hernández, María Isabel

TU

Universidade de Extremadura

Vogal 3º:

Fernández Muñiz, Beatriz

TU

Universidade de Oviedo

Praza núm. 18/028.

Corpo docente: titular de universidade.

Área de coñecemento: Física Aplicada.

Comisión titular

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Barral Losada, Luis Fernando

CU

Universidade da Coruña

Secretario:

Ramírez Gómez, María Carmen

CU

Universidade da Coruña

Vogal 1º:

García-Garabal Mosquera, Sandra María

TU

Universidade da Coruña

Vogal 2º:

Díez Redondo, Francisco Javier

CEU

Universidade da Coruña

Vogal 3º:

López Lago, Joaquín Cayetano

CU

Universidade da Coruña

Comisión suplente

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Legido Soto, José Luis

CU

Universidade de Vigo

Secretario:

Abad López, María José

TU

Universidade da Coruña

Vogal 1º:

Ares Pernas, Ana Isabel

TU

Universidade da Coruña

Vogal 2º:

Nogueira López, Pedro Fernando

CEU

Universidade da Coruña

Vogal 3º:

Martínez Piñeiro, Manuel

TU

Universidade de Vigo

Praza núm. 18/029.

Corpo docente: titular de universidade.

Área de coñecemento: Física Aplicada.

Comisión titular

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Barral Losada, Luis Fernando

CU

Universidade da Coruña

Secretario:

Ramírez Gómez, María Carmen

CU

Universidade da Coruña

Vogal 1º:

López Lago, Joaquín Cayetano

CU

Universidade da Coruña

Vogal 2º:

Abad López, María José

TU

Universidade da Coruña

Vogal 3º:

Ares Pernas, Ana Isabel

TU

Universidade da Coruña

Comisión suplente

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Legido Soto, José Luis

CU

Universidade de Vigo

Secretario:

García-Garabal Mosquera, Sandra María

TU

Universidade da Coruña

Vogal 1º:

Díez Redondo, Francisco Javier

CEU

Universidade da Coruña

Vogal 2º:

Segade Zas, Luisa María

TU

Universidade da Coruña

Vogal 3º:

Nogueira López, Pedro Fernando

CEU

Universidade da Coruña

Praza núm. 18/030.

Corpo docente: titular de universidade.

Área de coñecemento: Matemática Aplicada.

Comisión titular

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Viaño Rey, Juan Manuel

CU

Universidade de Santiago de Compostela

Secretario:

Rodríguez Seijo, José Manuel

TU

Universidade da Coruña

Vogal 1º:

Vázquez Cendón, Carlos

CU

Universidade da Coruña

Vogal 2º:

Muñiz Castiñeira, María del Carmen

TU

Universidade de Santiago de Compostela

Vogal 3º:

González Taboada, María

TU

Universidade da Coruña

Comisión suplente

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Navarrina Martínez, Fermín Luis

CU

Universidade da Coruña

Secretario:

Hervella Nieto, Luis María

TU

Universidade da Coruña

Vogal 1º:

Colominas Ezponda, Ignacio

CU

Universidade da Coruña

Vogal 2º:

Gómez Pedreira, Mª Dolores

TU

Universidade de Santiago de Compostela

Vogal 3º:

Quintela Estévez, Peregrina

CU

Universidade de Santiago de Compostela

Praza núm. 18/031

Corpo docente: titular de universidade

Área de coñecemento: Enxeñaría da Construción

Comisión titular

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Martínez Abella, Fernando

CU

Universidade da Coruña

Secretario:

Caño Gochi, Alfredo del

CU

Universidade da Coruña

Vogal 1º:

González Fonteboa, María Belén

TU

Universidade da Coruña

Vogal 2º:

Cruz López, María Pilar de la

TU

Universidade da Coruña

Vogal 3º:

Marí Bernat, Antonio Ricardo

CU

Universidade Politécnica de Cataluña

Comisión suplente

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Roca Fabregat, Pedro

CU

Universidade Politécnica de Cataluña

Secretario:

Bonet Senach, José Luis

TU

Universidade Politécnica de Valencia

Vogal 1º:

Real Saladrigas, Esther

TU

Universidade Politécnica de Cataluña

Vogal 2º:

Reyes Pozo, Encarnación

TU

Universidade Politécnica de Madrid

Vogal 3º:

Gálvez Ruiz, Jaime

CU

Universidade Politécnica de Madrid

CU: catedrático de universidade.

CEU: catedrático de escola universitaria.

TU: profesor titular de universidade.

missing image file

ANEXO IV

Curriculum vitae

Datos persoais:

Apelidos e nome.

Número do documento nacional de identidade. Lugar e data de expedición.

Nacemento (data, localidade e provincia).

Residencia (enderezo, localidade e provincia).

Teléfono e enderezo electrónico.

Categoría actual como profesor/a, centro, departamento e área de docencia actual.

Datas de resolución da acreditación ou habilitación.

Datos académicos:

1. Títulos académicos (clase, organismo e centro de expedición, data de expedición, cualificación, se a houber).

2. Postos docentes desempeñados (categoría, organismo ou centro, réxime de dedicación, data do nomeamento ou contrato, data de cesamento ou remate).

3. Actividade docente desempeñada.

4. Actividade investigadora desempeñada.

5. Publicacións de libros e capítulos de libros (autor ou coautores, título, editor/es, editorial, data de publicación) (*).

6. Traballos científicos publicados en revistas españolas o estranxeiras (autor ou coautores, título, revista, número de páxinas, data de publicación) (*).

7. Outras publicacións.

8. Outros traballos de investigación.

9. Proxectos de investigación subvencionados.

10. Comunicacións e relatorios presentados a congresos (título, entidade organizadora, carácter nacional ou internacional, lugar e data).

11. Patentes.

12. Cursos e seminarios impartidos (con indicación do centro, organismo, materia, actividade desenvolvida e data).

13. Cursos e seminarios recibidos (con indicación do centro ou organismo, materia e data de celebración).

14. Bolsas, axudas e premios recibidos (con posterioridade á licenciatura).

15. Actividade en empresas e profesión libre.

16. Outros méritos docentes ou de investigación.

17. Outros méritos.

18. Cargos de xestión desempeñados (cargo, centro e período).

19. Coñecemento da lingua propia da UDC.

20. Dilixencia de referendo do curriculum.

(*) Se están pendentes de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial.