Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2018 Páx. 27642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 16 de maio de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018122AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2018122AL-CO incoado a José Ángel Ameneiro Roel.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, nº 3, A Coruña.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 16 de maio de 2018

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, de estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, modificado polo Decreto 33/2014)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2018122AL-CO.

Interesado: José Ángel Ameneiro Roel (Viravolta).

DNI/NIF/CIF: 32705712B.

Último enderezo coñecido: lugar Sartego, s/n, 15510 Neda.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.