En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Contratación por procedemento aberto, da xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto para a reserva e ocupación de prazas de atención diúrna terapéutica e de atención diúrna terapéutica de media estadía para persoas con discapacidade física no concello de Mos e limítrofes (Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, Redondela e Vigo). Tramitación documentalmente simplificada.
1.1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Política Social.
b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.
c) Número de expediente: PA 66-2017.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=241969
1.2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.
b) Descrición do obxecto: xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas de atención diúrna terapeútica e de atención diúrna terapéutica de media estadía para persoas con discapacidade física no concello de Mos e limítrofes (Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, Redondela e Vigo).
c) CPV: 85320000 servizos de asistencia social.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 10 de xaneiro de 2018.
1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
1.4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 343.658,80 € (IVE incluído).
1.5. Formalización:
a) Fecha: 27 de abril de 2018.
b) Contratista: Cogami.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: 212.502,50 € (exento IVE).
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2018
O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social