Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2018 Páx. 27542

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2018 pola que se dá publicidade aos convenios subscritos por este organismo autónomo no primeiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no primeiro cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2018

Inés Santé Riveira
Directora do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica do IET

Data de

sinatura

Convenio de cooperación educativa entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas curriculares dos estudantes da Facultade de Socioloxía da UDC.

Regular un programa de prácticas académicas externas entre a UDC, a través do grupo de investigación Grupo de Estudos Territoriais da súa Facultade de Socioloxía, e o IET, posibilitando aos estudantes da titulación do grao en Socioloxía da Universidade da Coruña a realización do prácticum correspondente ao plan de estudos deste grao, dentro dos programas de cooperación educativa promovidos polo IET

Sen achega económica

8.1.2018

Convenio de colaboración entre a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Xalo, a Universidade de Santiago de Compostela, o Instituto Galego de Calidade Alimentaria e o Instituto de Estudos do Territorio para a execución do proxecto do grupo operativo de innovación Deseño dunha metodoloxía para a ordenación e xestión de montes veciñais, considerando os servizos ecosistémicos producidos.

Desenvolver o proxecto de innovación Deseño dunha metodoloxía para a ordenación e xestión de montes veciñais, considerando os servizos ecosistémicos producidos, isto é, deseñar unha metodoloxía que axude a planificar e xestionar os usos e aproveitamentos dos terreos forestais en áreas de elevado valor ambiental-cultural (espazos naturais protexidos, Rede Natura, Reservas de Biosfera, etc.) cunha perspectiva multifuncional, tendo en conta tanto o obxectivo perseguido para a área forestal (produción, conservación, intermedia) como as limitacións derivadas das normativas vencelladas coa protección da paisaxe, o patrimonio natural, o patrimonio cultural, a prevención de incendios forestais e a loita fronte ao cambio climático.

Sen achega económica

1.3.2018

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Federación Galega de Municipios e Provincias, os concellos de Cambre, Carballo, Oleiros, Lugo e Sanxenxo para a obtención de imaxes aéreas de alta resolución xeorreferenciadas.

Regular o réxime de colaboración entre as partes subscriptoras para os efectos de conseguir a realización de imaxes aéreas de alta resolución xeorreferenciadas de conformidade coas actuacións previstas no desenvolvemento do Plan nacional de ortofotografía aérea (PNOA 10) para Galicia.

50.000 €

10.4.2018

Protocolo de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio e a Fundación Eduardo Pondal para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa protección, xestión e ordenación da paisaxe.

Definir o marco xeral de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio e a Fundación Eduardo Pondal para o desenvolvemento conxunto de actividades relacionadas coa investigación e divulgación en materia de paisaxe, en especial no referente ao territorio pondaliano, dando así continuidade á colaboración precedente.

Sen achega económica

19.4.2018

Protocolo xeral de actuación entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento dos pactos pola paisaxe.

Definir o marco xeral de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio e a Fegamp para a futura celebración de pactos pola paisaxe, definidos no artigo 14 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, como instrumentos de concertación entre as administracións públicas, as entidades locais e outros axentes económicos e sociais dun determinado territorio que, de xeito voluntario, desexen promover accións de protección e mellora das paisaxes e da calidade de vida dos cidadáns no marco do desenvolvemento sustentable.

Sen achega económica

25.4.2018