Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2018 Páx. 27629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 23 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifica a resolución ditada no recurso administrativo devolta polo servizo de Correos (expediente RA/VI/2017/00142 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan a resolución ditada no recurso administrativo devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Núm. recurso

Expediente

Recorrente/interesado

Resolución recurso

RA/VI/2017/00142

ES-P-0066/15

Manuel Gerardi Campos

Desestimatoria

RA/VI/2017/00170

201536ALUG03471X

Rachid Raghi

Desestimatoria

RA/VI/2017/00183

201536ALUG03125D

José Gonçalves Ferreira-Leituga

Desestimatoria

RA/VI/2017/00215

201536ALUG05050W

Nita Elvira Garofina

Desestimatoria

RA/VI/2017/00234

201536ALUG05014N

Echcherki Moukhlissi

Desestimatoria

RA/VI/2017/00259

201536ALUG04434F

María de los Ángeles Rodríguez Gallego

Desestimatoria