Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2018 Páx. 27631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2018/008-1).

Expediente: IN407A 2018/008-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento LMT SAD707 CT, RBT Castro de Xaz.

Concello: Oleiros.

Feitos:

1. O 18 de xaneiro de 2018 o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

7. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Desmantelamento tramo de liña de media tensión aérea SAD707, a 15 kV, cunha lonxitude de 1.625 m, con orixe no apoio D9 existente da LMT SAD707 (expediente 119/96), condutor tipo LA-110 mm2 e LA-30 mm2 Al para retirar e final no apoio nº 23 existente para retirar da LMT SAD707, no tramo entre a derivada ao CT Abeleiras (expediente 50.543) para retirar e o CT rúa da Xenza (expediente 191/98).

– Desmantelamento centro de transformación denominado Jaz (expediente 5.275), tipo caseta de obra civil, cun transformador de 160 kVA.

– Desmantelamento centro de transformación denominado Abeleiras (expediente 50.543), tipo intemperie, cun transformador de 160 kVA.

– Liña de media tensión soterrada (actuación nº1), a 15 kV, cunha lonxitude de 1.971 m, con orixe en empalmes proxectados na LMTS SAD707 no tramo entre o CT Bosque de Xaz (expediente 50.895) e o CT Jaz (expediente 5.275) para retirar, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en empalmes proxectados na LMTS SAD707 (expediente 191/98) no tramo entre a derivada ao CT Abeleiras (expediente 50.543) para retirar e o CT rúa da Xenza (expediente 191/98).

– Liña de media tensión soterrada (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 158 m, coa orixe en celas de liña do CT Castro de Xaz nº 1 proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en empalmes proxectados na LMTS SAD707 (expediente 182/06) no tramo da derivada ao CT Abeleiras de Abaixo (expediente 182/06).

– Centro de transformación prefabricado nº 1, cunha potencia de 630 kVA e relación de transformación 15.000/400V.

– Centro de transformación prefabricado nº 3, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación 15.000/400V.

– Centro de transformación prefabricado nº 7, cunha potencia de 630 kVA e relación de transformación 15.000/400V.

O orzamento da instalación segundo proxecto é de 465.292,65 €.

8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo, e as certificacións ou homologacións se procede.

• Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbera, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 8 de maio de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña