Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2018 Páx. 28032

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no primeiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumplir con esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no primeiro cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2018

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data da sinatura

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a empresa Gabinetes de Audioprótesis Electromedicina y Servicios, S.A. (GAES) sobre o procedemento de prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

19.7.2017

Prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Xaime Quesada Blanco para a cesión do uso de cadros para a súa exposición no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Sen achega económica

26.12.2017

Acordo de prórroga ao acordo entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Comunidade Autónoma de Galicia para fixar as condicións da adquisición de vacinas da gripe estacional para a campaña 2018-2019

Sen achega económica

29.12.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, o Instituto Social das Forzas Armadas e a Mutualidade Xeral Xudicial para a prestación en zonas rurais de servizos sanitarios de atención primaria e urxencias aos mutualistas e demais beneficiarios adscritos a entidades de seguro de asistencia sanitaria concertada coas ditas mutualidades

Sen achega económica

29.12.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Deputación de Ourense en relación co programa de termalismo social e cultura termal

Sen achega económica

10.1.2018

Addenda ao convenio de cooperación entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Narón para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no concello de Narón

Sen achega económica

26.1.2018

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Axuda aos Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog) para o desenvolvemento dos proxectos de Asanog integrados no programa Meu ben

Sen achega económica

31.1.2018

Convenio de colaboración entre Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Gadisa Retail, S.L.U., para a convocatoria do I concurso escolar de carteis relacionado coa doazón e os transplantes

Sen achega económica

6.2.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Aspronaga) para a organización da prestación farmacéutica na residencia de adultos a Casa de Lamastelle

Sen achega económica

19.2.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Aspronaga) para a organización da prestación farmacéutica na residencia de gravemente afectados Ricardo Baró

Sen achega económica

19.2.2018

Protocolo xeral de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Sociedade Galega de Medicina Intensiva e Unidades Coronarias (Sogamiuc), para a colaboración técnica, científica e docente no ámbito da doazón e o transplante de órganos, tecidos e células humanas

Sen achega económica

20.2.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga da Coruña (Aclad) para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

1.523.144,00 €

23.2.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

1.356.351,00 €

23.2.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro) para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

844.032,00 €

23.2.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cruz Vermella de Lugo para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

561.273,00 €

23.2.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa terapéutico-educativo Proxecto Home de atención e rehabilitación de drogodependentes da Comunidade Autónoma de Galicia e do programa de tratamento e rehabilitación, en réxime de comunidade terapéutica, da dependencia alcohólica

860.535,00 €

23.2.2018

Convenio colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e Sigre Medicamento e Medio Ambiente, S.L., para o seguimento do sistema integrado de xestión de residuos de envases e envases usados que asume tamén a xestión dos residuos de medicamentos e outros produtos adheridos que se xeren en Galicia

Sen achega económica

9.3.2018

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Menarini Diagnósticos, S.A., para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente

Sen achega económica

13.3.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Galega para a Asistencia e Investigación dos Trastornos da Personalidade para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos enfermos e familiares

35.353,00 €

13.3.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consello Galego de Colexios de Médicos para o desenvolvemento do programa de atención integral ao médico enfermo Paime

40.057,00 €

13.3.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Itínera, Voluntarios en Saúde Mental para a realización de programas de fomento e formación do voluntariado no campo da enfermidade mental para o favorecemento dunha sociedade inclusiva

15.683,00 €

13.3.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia) para o desenvolvemento dunha serie de actividades de formación, información e apoio aos enfermos mentais e aos seus familiares e do programa Coidamos de Ti

84.307,00 €

13.3.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia (Farga) para o desenvolvemento de actividades de formación, información, asesoramento e apoio a pacientes e familiares/coidadores

23.063,00 €

13.3.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (Aspaneps) para a realización do Programa de atención á saúde mental infantoxuvenil na área de Ferrol

141.170,00 €

13.3.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación As Burgas para o tratamento e rehabilitación do enfermo alcohólico para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos.

152.957,00 €

14.3.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Viguesa de Alcoholoxía (Asvidal) para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

180.644,00 €

14.3.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Exalcohólicos de Ferrolterra para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos aditivos

98.349,00 €

14.3.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Unidade de Tratamento do Alcol e Condutas adictivas Utaca Luis Miguel Morás para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos.

175.175,00 €

14.3.2018

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española contra o Cancro para o desenvolvemento dun modelo de atención psicosocial nas unidades de HADO-PAL da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

Sen achega económica

19.3.2018

Convenio colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia

30.000,00 €

4.4.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española contra o Cancro para a realización de actividades de voluntariado na EOXI de Pontevedra e O Salnés

Sen achega económica

9.4.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Andaina Pro Saúde Mental para o desenvolvemento dun programa de saúde mental comunitaria

45.000,00 €

13.4.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Fundación Josep Carreras para a loita contra a leucemia

753.500,00 €

13.4.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Aliad-Ultreia para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social

43.701,00 €

13.4.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Atox para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social

24.909,00 €

13.4.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Antonio Noche para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social

24.909,00 €

13.4.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Erguete para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social

137.278,00 €

13.4.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Rexurdir Provincial para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social

21.102,00 €

13.4.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Renacer para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social

14.567,00 €

13.4.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Vieiro para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social

6.180,00 €

13.4.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (Fagal) para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos familiares e coidadores

64.042,00 €

13.4.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Enfermedades Raras e Crónicas (Fegerec) para o desenvolvemento de actividades destinadas a mellorar a situación de saúde e calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas, no contorno sanitario

28.868,00 €

13.4.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación e sensibilización no contorno sanitario

10.925,00 €

13.4.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Érguete Integración para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa Itínere

95.684,00 €

13.4.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Feafes Galicia para o desenvolvemento dun programa de captación e atención precoz a familiares/coidadores en primeiros episodios de enfermidade mental grave e persistente e colaboración na formación continua dirixida aos profesionais de centros sociosanitarios vinculados á Consellería de Política Social

18.182,00 €

26.4.2018

Addenda de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, o Servizo Galego de Saúde e Abbvie Spain, S.L.U., para o desenvolvemento e implementación do Programa de intervención temperá nos procesos de incapacidade temporal de orixe musculoesquelético, asinado o 30 de abril de 2016

Sen achega económica

30.4.2018