Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28386

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 1 de xuño de 2018 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 84, do 3 de maio), e acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nesta por parte das persoas aspirantes, co obxecto de adxudicarlles destinos definitivos, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar as persoas aspirantes que superaron este proceso selectivo e pola orde que se relaciona no anexo I, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos núm. 1 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 13 de xuño de 2018, ás 10.00 horas.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta orde.

Terceiro. Ás persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representadas por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Ás persoas aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicados en destino definitivo os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos aos aspirantes presentes ou representados, entre os que quedasen sen adxudicar.

Quinto. De acordo coa base IV.6 da convocatoria, as aspirantes que ingresan pola quenda de promoción interna tomarán posesión das prazas que veñen desempeñando con carácter definitivo, xa que, de conformidade cos requisitos exixidos na relación de postos de traballo, poden ser desempeñadas por persoas pertencentes ao corpo ao cal acceden, de acordo co disposto no artigo 80 da LEPG.

Sexto. As persoas aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado da persoa responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sétimo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Acceso libre

Núm.

DNI

Apelidos e nome

1

33278016Y

Rey López, Gonzalo Luis

2

36051889X

Pérez Lago, Ángel de Jesús

ANEXO II

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

1

FCA010000015770009

FC

Posto base subgrupo A1

A1

20

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

2

FCA010000015770013

FC

Posto base subgrupo A1

A1

20

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela