Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28383

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 1 de xuño de 2018 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013, en execución das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditadas nos procedementos ordinarios 77/2015, 197/2015 e 198/2015.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo), en execución das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditadas nos procedementos ordinarios 77/2015, 197/2015 e 198/2015, e acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nesta por parte das persoas aspirantes, co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar as persoas aspirantes que superaron este proceso selectivo e pola orde que se relaciona no anexo I, ao acto de elección de destino provisional que terá lugar no salón de actos núm. 1 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 13 de xuño de 2018, ás 10.30 horas.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta orde.

Terceiro. As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representadas por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Ás persoas aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicados en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos aos aspirantes presentes ou representados, entre os que quedasen sen adxudicar.

Quinto. As persoas aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado da persoa responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

DNI

Apelidos e nome

76575347K

Nogueiro Sotelo, Ana María

47362567R

Sánchez Valiño, Iván

44823261X

Cruz Raña, Sandra

32763513J

Aguiar Paz, Ana María

44835958B

García Souto, Beatriz

ANEXO II

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

1

MAA992000036560010

MA

Delineante

C1

18

Augas de Galicia (servizos periféricos)

Demarcación Galicia-Sur

Vigo

2

MAA992000027001008

MA

Delineante

CI

18

Augas de Galicia (servizos periféricos)

Demarcación Bacías Intercomunitarias

Lugo

3

IVA191000027001020

IV

Delineante

C1

18

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas

Lugo

4

IVA191000036001015

IV

Delineante

CI

18

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas

Pontevedra

5

EDC991000027001196

ED

Delineante

C1

18

Servizos periféricos

Xefatura Territorial

Lugo

6

EDC991000032001175

ED

Delineante

C1

18

Servizos periféricos

Xefatura Territorial

Ourense

7

MRC991040115001079

MR

Xefatura Negociado Delineación

C1

18

Servizos periféricos

Servizo de Infraestruturas Agrarias

A Coruña