Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28348

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se modifica a Resolución do 12 de marzo de 2018 pola que se fai pública a composición das comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias convocado pola Resolución do 29 de decembro de 2017.

Mediante a Resolución do 29 de decembro de 2017 foi convocado o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, para determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

O artigo 16 da dita resolución, no seu punto 1, fai referencia aos requisitos, formación e habilitación das persoas que poderán actuar como asesores e avaliadores e, no seu punto 2, á composición das comisións de avaliación, dicindo que estará constituída polo menos por cinco membros, dos cales un debe ocupar a presidencia, outro desempeñará o cargo de secretario ou secretaria, e os tres restantes serán vogais. A mesma orde, no artigo 15 establece que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa nomeará as comisións de avaliación necesarias para levar a cabo a convocatoria.

Mediante a Resolución do 12 de marzo de 2018 (DOG do 19 de marzo), tramitada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, fíxose pública a composición das comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias convocado pola Resolución do 29 de decembro de 2017.

Determinadas circunstancias sobrevividas de índole persoal determinan a modificación da composición de tres comisións de avaliación, polo que esta dirección xeral

DISPÓN:

Nomear a Alberto Ibáñez García con DNI 46328150D como secretario da comisión de avaliación do CM de Electromecánica de vehículos automóbiles con sede no CIFP Valentín Paz Andrade en substitución de Juan José Corral López con DNI 34996802W.

Nomear a Sandra López Troitiño con DNI 76825490Q como vogal da comisión de avaliación do CM Servizos en restauración con sede no CIFP Manuel Antonio de Vigo en substitución de Santiago Barciela Garrido con DNI 36032245P.

Nomear a Jorge Táboas Muras con DNI 77002895E como presidente da comisión de avaliación do CM Cociña e gastronomía con sede no CIFP Manuel Antonio de Vigo en substitución de María Carmen Fernández Sánchez con DNI 07223074Q.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2018

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa