Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28468

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de convocatoria de participación no Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), período 2014-2020, da Unión Europea, para pemes.

missing image file

A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa anuncia a apertura de convocatoria que ten por obxecto promover a participación no programa Plan internacional de promoción, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea nas seguintes accións:

1. Misión comercial a Serbia, Croacia, Eslovenia e Bosnia Herzegovina (10-18 novembro 2018). Sector: multisectorial.

2. Misión comercial á República Checa, Eslovaquia e Hungría (17-25 novembro 2018). Sector: multisectorial.

3. Misión comercial a Romanía e Bulgaria (24 novembro-1 decembro 2018). Sector: multisectorial.

4. Misión comercial a India (1-9 decembro 2018). Sector: multisectorial.

5. Visita a feira Japan International Seafood & Technology Expo (Toquio, 19-26 agosto 2018). Sector: produtos do mar, equipamentos e servizos relacionados.

6. Visita a feira Seafex (Dubai, 30 outubro-1 novembro 2018). Sector: produtos do mar, equipamentos e servizos relacionados.

7. Visita a feira Worldfood (Moscova, 15-22 setembro 2018). Sector: alimentación e bebidas.

8. Visita a feira G2E Las Vegas (6-14 outubro 2018). Sector: xogo.

9. Visita a feira Busan International Seafood & Fisheries Expo (BISFE) (Busan, Corea do Sur, 28 outubro-4 novembro). Sector: produtos do mar, equipamentos e servizos relacionados.

10. Visita a feira China Fisheries & Seafood Expo (Qingdao, China, 3-12 novembro 2018). Sector: produtos do mar, equipamentos e servizos relacionados.

11. Visita a feira BE 4.0 Salon Industries du Futur (Mullhouse, Francia, 19-22 novembro 2018). Sector: industria 4.0.

Primeiro. Beneficiarios.

Pemes, micropemes e autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O número máximo de empresas beneficiarias será de:

1. Misión comercial a Serbia, Croacia, Eslovenia e Bosnia Herzegovina: 12.

2. Misión comercial á República Checa, Eslovaquia e Hungría: 12.

3. Misión comercial a Romanía e Bulgaria: 12.

4. Misión comercial a India: 6.

5. Visita á feira Japan International Seafood & Technology Expo (Toquio): 6.

6. Visita á feira Seafex (Dubai): 6.

7. Visita á feira Worldfood (Moscova): 12.

8. Visita á feira G2E Las Vegas: 14.

9. Visita á feira Busan International Seafood & Fisheries Expo (BISFE): 6.

10 Visita á feira China Fisheries & Seafood Expo (Qingdao): 20.

11. Visita á feira BE 4.0 Salon Industries du Futur (Mullhouse): 17.

Segundo. Obxecto

O obxecto da convocatoria é a selección de operacións realizadas polas pemes que contribúan a promover a súa internacionalización e mellorar a súa competitividade, co obxectivo de mellorar a propensión para exportar e a base exportadora da economía española, diversificar os mercados de destino da exportación española e incrementar a competitividade da economía española para impulsar España como destino de investimento.

Terceiro. Convocatoria

O texto completo da convocatoria está á disposición das empresas na sede da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Ademais, pode consultarse a través da web www.camarapvv.com

Cuarto. Contía

O orzamento máximo de execución das actuacións mencionadas máis abaixo no marco desta convocatoria para o período 2014-2020 é de:

1. Misión comercial a Serbia, Croacia, Eslovenia e Bosnia Herzegovina: 54.400 €.

2. Misión comercial á República Checa, Eslovaquia e Hungría: 51.500 €.

3. Misión comercial a Romania e Bulgaria: 39.100 €.

4. Misión comercial a India: 25.100.

5. Visita á feira Japan International Seafood & Technology Expo (Toquio): 24.520 €.

6. Visita á feira Seafex (Dubai): 14.320 €.

7. Visita á feira Worldfood (Moscova): 26.480 €.

8. Visita á feira G2E Las Vegas: 32.700 €.

9. Visita á feira Busan International Seafood & Fisheries Expo (BISFE): 16.360 €.

10. Visita á feira China Fisheries & Seafood Expo (Qingdao): 45.000 €.

11. Visita á feira BE 4.0 Salon Industries du Futur (Mullhouse): 18.760 €.

Dentro do programa operativo «Plurirrexional de España Feder 2014-2020 PO».

Os recursos estimados para os servizos de apoio prestados pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa serán de:

1. Misión comercial a Serbia, Croacia, Eslovenia e Bosnia Herzegovina: 6.400 €.

2. Misión comercial á República Checa, Eslovaquia e Hungría: 6.500 €.

3. Misión comercial a Romanía e Bulgaria: 6.700 €.

4. Misión comercial a India: 7.100.

5. Visita á feira Japan International Seafood & Technology Expo (Toquio): 4.600 €.

6. Visita á feira Seafex (Dubai): 4.600 €.

7. Visita á feira Worldfood (Moscova): 6.560 €.

8. Visita á feira G2E Las Vegas: 6.220 €.

9. Visita á feira Busan International Seafood & Fisheries Expo (BISFE): 4.600 €.

10. Visita á feira China Fisheries & Seafood Expo (Qingdao): 7.000 €.

11. Visita á feira BE 4.0 Salon Industries du Futur (Mullhouse): 4.600 €.

E serán achegados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea e pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía.

A contía máxima das axudas para outorgar con cargo a esta convocatoria, ás empresas participantes nas seguintes actuacións é de:

1. Misión comercial a Serbia, Croacia, Eslovenia e Bosnia Herzegovina: 48.000 €.

2. Misión comercial á República Checa, Eslovaquia e Hungría: 45.000 €.

3. Misión comercial a Romanía e Bulgaria: 32.400 €.

4. Misión comercial a India: 18.000 €.

5. Visita á feira Japan International Seafood & Technology Expo (Toquio): 19.920 €.

6. Visita á feira Seafex (Dubai): 9.720 €.

7. Visita á feira Worldfood (Moscova): 19.920 €.

8. Visita á feira G2E Las Vegas: 26.480 €.

9. Visita á feira Busan International Seafood & Fisheries Expo (BISFE): 11.760 €.

10. Visita á feira China Fisheries & Seafood Expo (Qingdao): 38.000 €.

11. Visita á feira BE 4.0 Salon Industries du Futur (Mullhouse): 14.160 €.

En concepto de subvención. As axudas serán cofinanciadas nunha porcentaxe do 70 % con cargo aos fondos Feder, a través do programa operativo «Plurirrexional de España Feder 2014-2020 PO» e o resto financiarase con cargo ás empresas participantes.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes ábrese o día 11 de xuño de 2018 e finalizará:

1. Misión comercial a Serbia, Croacia, Eslovenia e Bosnia Herzegovina: 13.9.2018.

2. Misión comercial á República Checa, Eslovaquia e Hungría: 20.9.2018.

3. Misión comercial a Romanía e Bulgaria: 27.9.2018.

4. Misión comercial a India: 27.9.2018.

5. Visita á feira Japan International Seafood & Technology Expo (Toquio): 19.7.2018.

6. Visita á feira Seafex (Dubai): 20.9.2018.

7. Visita á feira Worldfood (Moscova): 19.7.2018.

8. Visita á feira G2E Las Vegas: 6.9.2018 €.

9. Visita á feira Busan International Seafood & Fisheries Expo (BISFE): 13.9.2018.

10. Visita á feira China Fisheries & Seafood Expo (Qingdao): 13.9.2018.

11. Visita á feira BE 4.0 Salon Industries du Futur (Mullhouse): 10.10.2018.

O modelo de solicitude de participación poderá descargarse na web www.camarapvv.es

Vigo, 14 de maio de 2018

José García Costas
Presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa