Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 29 de maio de 2018, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia do requirimento 36R001/R-JRLM/4/2018 (expediente 36L005/254/2016).

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e co artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese practicar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo no paseo de Cervantes, nº 7, 1º andar, 36001 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 29 de maio de 2018

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Requirimento: 36R001/R-JRLM/4/2018.

Expediente: 36L005/254/2016.

Interesado: Josué Edmundo Tena Morales.

CIF/NIF: 77680700V.

Acto notificado: requirimento da Inspección de Consumo.