Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28403

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 56/2017).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 56/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Pena Andrade contra Fondo de Garantía Salarial, Deus Creaciones, S.L., Shivshi, S.L., Bendita Costura, S.L., Costura Invisible, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., Confecciones Ideal, S.L., administración concursal de Gaviota Textil XXI, S.L., Admón. concursal Plataforma Costurera, Admón. concursal Confec. Fraga, Confecciones Deus, S.L., Admón. concursal de Confecciones Deus, Gaviota Textil XXI, S.L., Perseo Textil, S.L., administración concursal Costura Invisible, administración concursal Confecciones Deus, S.L., Admón. concursal Shivshi, S.L., Empresa Deus Deluxe, S.L., Admón. concursal Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., sobre procedemento ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo María José Pena Andrade contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Costura Invisible, S.L., a administración concursal de Confección Ideal, S.L., a administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., a administración concursal de Plataforma Costurera, S.L., a administración concursal de Shivshi, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as anteriores entidades a que aboen á demandante a cantidade de 2.559,20 € brutos, por salarios devindicados entre decembro de 2015 e febreiro de 2016, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Rosa María Santos Rey fronte ás entidades Gaviota Textil XXI, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L. e Confecciones Ideal, S.L., así como a administración concursal de Confección Ideal, S.L. e Rogelio Bodelo Pichel, as que debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial».

E para que sirva de notificación en legal forma ás demandadas, que están en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza