Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 8 de xuño de 2018 Páx. 28405

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 276/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 276/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Filgueira Pérez contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2018.

Á vista do estado das presentes actuacións e de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 18 de xullo de 2018, ás 11.55 horas, na sala 3, sita na planta baixa deste edificio xudicial, sito na rúa Berlín, s/n.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, considerarase que desiste na súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza. Así mesmo, acordo a citación do demandado por medio de edictos.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación ante a letrada da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza