Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2018 Páx. 28603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto denominado Parque eólico singular de Mondoñedo (expediente 002-PES).

Mediante a Resolución do 14 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, faise público o Acordo do Consello da Xunta, do 10 de outubro de 2014, polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto de referencia, promovido no seu día polo Concello de Mondoñedo e sendo concesionaria do dito parque eólico Norvento Mondoñedo, S.L.

Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954 de expropiación forzosa.

Na súa virtude, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto dito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados cos cales non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan o vindeiro 28 de xuño nos concellos de Abadín e Mondoñedo, como punto de reunión para levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación, de conformidade co citado artigo.

Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, e achegarán os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución. Poderanse acompañar dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno, con gastos pola súa conta.

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna citación individual, na que se lle sinalará día e hora para o levantamento de actas previas. Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.

Lugo, 18 de maio de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos

Nº de parcela

Propietario

Parcela

Afeccións

Nome e apelidos

Ref. catastral

Lugar

Vía ou vía gabia

Concello de Mondoñedo

10

Descoñecido (fiscal da Audiencia Provincial)

291532

Chao da Ferradura

310

40

Alfonso Lorigados Basanta

291557

O Pozo

284

40

Remedios Candia Rivas e outros dous

291557

O Pozo

284

40

José María Candia Cabanas

291557

O Pozo

284

43

Germán Rubiños Díaz

291557

O Pozo

63

Concello de Abadín

60 A

Emilio Otero Paz

505681

A Regalada

486

60 B

Hros. de Emilio Guerra Nieto

504506

Chousa de Riba

388

61

Sara Otero Otero

504675

O Foro

255