Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2018 Páx. 28601

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2017/112-2, 8592 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: PE As Gándaras, r/ Aller Ulloa, nº 9, 27003 Lugo.

Denominación: LMTS, CS r/ Canteiros 11 e LBT para SS.AA.-NS 51967.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV baixo tubo, cunha lonxitude de 130 m, con orixe no centro de seccionamento proxectado na rúa Canteiros 11, condutor tipo RHZ1 240 e final no centro de transformación Ceao 10-13121.

• Centro de seccionamento en local de compañía, dentro do edificio prefabricado de superficie do centro de transformación particular situado na rúa Canteiros 11 (Polígono Industrial do Ceao-Lugo), no cal se instalarán dúas celas modulares función de liña 24 kV SF6 e unha de protección con interruptor automático 24 kV SF6.

• Rede de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 17 m, con orixe no apoio identificado como 2 no proxecto, da RBT aérea existente do CT Ceao 10, condutor RZ 95, e final no apoio HV-11-630 intercalado nela, no cal se instalará un paso aero-soterrado.

• Rede de baixa tensión soterrada para dar subministración eléctrica aos servizos auxiliares do CS proxectado, cunha lonxitude de 15 m, con orixe no apoio HV-11-630 proxectado na RBT aérea existente do CT Ceao 10, condutor tipo RV 50, e final no centro de seccionamento proxectado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instruccións técnicas complementarias; e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 15 de maio de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Vigo