Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 28946

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 30 de maio de 2018 pola que se outorgan nomeamentos a varios rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles para rexistros vacantes.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario número 299 convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 10 de abril de 2018 (BOE do 23 de abril) e resolto pola Resolución do 22 de maio de 2018, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, co Decreto da Xunta de Galicia 72/2013, do 25 de abril, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que se relacionan no anexo para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2018

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

• María Jesús Franco Alonso, rexistradora de Corcubión-Muros para o Rexistro de Narón.

• Ana Cristina Nogueira Ramadas, rexistradora de Pontevedra número 2 para o Rexistro de Vilagarcía.

• Sandra María Martínez Valente, rexistradora de Lalín para o Rexistro de Ourense número 2.