Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 28900

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 61/2018, do 7 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao.

En atención aos méritos que neles e nelas concorren, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de xuño de dous mil dezaoito, concédeselle a Medalla Castelao a:

– Isabel Aguirre de Úrcola.

– María José Alonso Fernández.

– Jesús Domínguez Fernández.

– Xesús Mato Mato.

– Carteiros e carteiras rurais de Galicia-Correos.

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza