Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 28903

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre de 2018.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlles publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda no primeiro cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas
e Vivenda no primeiro cuadrimestre de 2018

Descrición

Data sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Abanca para o desenvolvemento do proxecto de modernización tecnolóxica dos medios de pagamento nos sistemas de transporte de Galicia.

14.2.2018

 

Convenio de colaboración específico entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia e o Concello de Ourense, para a tramitación e formalización da obtención dos terreos necesarios para a execución do proxecto integrador da estación intermodal de Ourense, fases 1 a 5.

4.4.2018

779.817,09 €

Prórroga do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na Área de Transporte Metropolitano da Coruña, asinado o día 22 de outubro de 2010.

6.4.2018

3.790.897,72 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, o Concello de Lugo e a empresa Monbus Urbanos, S.A.U., como contratista do transporte urbano municipal, para a determinación das condicións de compensación tarifaria e obrigas asociadas a estas na Área de Transporte Metropolitano de Lugo.

9.4.2018

 

Prórroga do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na Área de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela, asinado o día 3 de decembro de 2010.

10.4.2018

1.340.112,76 €

Addenda ao convenio de colaboración formalizado entre a Xunta de Galicia e os concellos da Coruña e Arteixo, o día 28 de abril de 2015, para a coordinación dos servizos de transporte público con orixe ou destino no núcleo de Meicende.

19.4.2018

 

Prórroga do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na Área de Transporte Metropolitano de Ferrol, asinado o día 27 de decembro de 2010.

20.4.2018

953.054,34 €