Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 28979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e se denega a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Coristanco (expediente IN407A 2016/1230-1).

Expediente: IN407A 2016/1230-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Instalación: recuamento LMT CBA-807 Agualada.

Concello: Coristanco.

Feitos.

1. O 8 de xuño de 2016 o promotor solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, de 80 m (actuación nº 1), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no paso A/S para realizar no apoio nº 62-31 existente da LMTA CBA-807 e final nos empalmes en punto de acceso en calzada na LMTS CBA-807 que alimenta ao CT Agualada III (15CFTK-expediente 181/06).

– LMTS a 20 kV, de 543 m (actuación nº 2), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no cela de liña de reserva do CT Agualada III e final o paso A/S para realizar no apoio nº 62-34-1 da LMTA CBA-807.

– LMTA a 20 kV, de 231 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 62-29 existente da LMTA CBA-807 e final no apoio nº 62-31 proxectado.

– LMTA a 20 kV, de 90 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 62-34-1 proxectado na LMTA CBA-807 e final no apoio nº 62-34 proxectado.

– CTC prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución de información pública: 17 de outubro de 2016.

– DOG: 9 de decembro de 2016.

– BOP: 11 de novembro de 2016.

– Xornal La Voz de Galicia: 5 de decembro de 2016.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo o certificado municipal do 31 de xaneiro de 2018.

Ao mesmo tempo realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

Mediante anuncio publicado no BOE do 16 de febreiro de 2017, notificouse aos interesados descoñecidos de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

4. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública non foron presentadas alegacións.

5. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 217, do 14 de novembro).

– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232, do 4 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar o emprazamento da instalación, apreciouse a constitución da servidume indicada no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, nos predios afectados pola expropiación. Concretamente a localización das áreas de afección propostas para instalar os novos apoios nos predios 2 (apoio 62-34) e 3 (apoio 62-34-1) incumpriría o disposto no artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, respecto das limitacións á servidume sobre xardíns e hortas anexas a vivendas que xa existan no momento de iniciarse o expediente de solicitude de declaración de utilidade pública.

3. No expediente consta un informe dos servizos técnicos desta xefatura territorial, favorable á autorización administrativa previa e de construción e desfavorable respecto da declaración de utilidade pública, en concreto.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción e non conceder a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo de outras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 11 de maio de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña