Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 28955

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 289/2018-RMR).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 289/2018

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 277/2016 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra

Recorrentes: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Synergie TT ETT, S.A.U.

Avogados: Ana María Lois Gómez, Álvaro Aldereguia Fernández de Mesa

Recorridos: Instituto Social da Mariña, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Soluciones en Gestión de Trabajo Temporal ETT, S.L. (Solgest ETT, S.L.), Silvia Montesinos Domínguez

Avogados: letrado da Comunidade, letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Mercedes Buján Guntín

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 289/2018, seguido por instancia de Silvia Montesinos Domínguez contra a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Synergie TT ETT, S.A.U. contra o Instituto Social da Mariña, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Soluciones en Gestión de Trabajo Temporal ETT, S.L. (Solgest ETT, S.L.), sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando os recursos de suplicación interpostos pola mutua galega e a empresa Synergie TT ETT contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, en xuízo instado por Silvia Montesinos Domínguez, contra as recorrentes, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Social da Mariña e Soluciones en Gestión Temporal ETT, S.L. a sala confírmaa plenamente, e dando a depósito e consignación, se é o caso, o destino regulamentario condénase a cada unha das recorrentes a aboar ao letrado impugnante do recurso a cantidade de 300 € en concepto de honorarios.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación a Soluciones en Gestión de Trabajo Temporal ETT, S.L. (Solgest ETT, S.L.), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza