Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 28957

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (51/2018).

M. Carmen Sobrado Prado, letrada da Administración de xustiza da Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, mediante este edicto fago constar que na peza de apelación 51/2018, dimanante do procedemento more uxorio 759/2016 do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, esta sección ditou sentenza, o 21 de maio de 2018, estimando o recurso de apelación promovido por Mónica María A.G. contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, cuxo texto íntegro se atopa nesta secretaría a dispor dos interesados.

Contra a sentenza ditada en apelación cabe interpoñer recurso de casación para o caso de que se acredite interese casacional ou, se é o caso, extraordinario por infracción procesual, sobre a base do establecido no artigo 477 da LAC, que debe interpoñerse dentro dos vinte días hábiles seguintes á súa notificación, por medio de escrito con sinatura de avogado e procurador, que se presentará ante esta sección.

Para que conste e a súa publicación en DOG, co fin de que sirva de notificación a José Antonio Piñeiro Lamas, cuxo domicilio se descoñece, expido e asino este edicto.

Vigo, 24 de maio de 2018

La letrada de la Administración de justicia